Indica publicitat
Dilluns, 15 d'octubre del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 1 d'octubre del 2010 | 14:01
Crònica · Galiza

A folga xeral paraliza a industria viguesa

Como un "éxito de participación" e como "exemplo de dignidade da clase traballadora galega" cualificou a Confederación Intersindical Galega (CIG) a xornada de folga xeral en Galiza, que logrou paralizar a industria na comarca de Vigo. Os datos da CIG, de UGT e de CC OO coinciden en sinalar que na área de influencia viguesa o paro superou o 80%. A fábrica de PSA Peugeot Citroën fechou, así como o porto e boa parte das empresas. Na Coruña, chegaron a pechar compañías da talla de Ikea e El Corte Inglés. A construción, a industria, o transporte público, os portos e aeroportos, o sector naval, a hostalaría, o comercio e as universidades rexistraron altas porcentaxes de paro, namentres que na administración pública, a folga foi desigual.

Vigo o escenario das principais manifestacións que no mediodía do mércores percorreron outros puntos de Galiza nunha xornada na que non se rexistraron incidentes de importancia. A CIG logrou xuntar nas rúas viguesas unhas 40.000 persoas, mentres que CC OO e UGT, en convocatoria conxunta, conseguiron atraer 70.000 participantes.

Nas manifestación que percorreu Vigo, Suso Seixo, secretario xeral da CIG, cualificou de exemplo de "combatividade, compromiso e dignidade" a presenza de milleiros de persoas nas rúas "defendendo os nosos dereitos como clase e demostrándolle ao capital, ao PSOE e ao PP que non imos agochar a cabeza mentres recortan os nosos dereitos".?? Seixo lembrou tamén durante a súa intervención que dende o primeiro momento de crise económica a CIG chamou á mobilización para esixir "reformas estruturais profundas que levasen a un cambio radical do actual modelo de capitalismo neoliberal na procura dun novo modelo económico e social máis xusto, solidario e democrático". Neste senso, fixo fincapé en que a clase traballadora non é a responsábel da crise "pero pretenden que sexa quen a pague, mentres os culpábeis (bancos, grandes fortunas e especuladores) seguen a recibir apoios a pesar de obter enormes beneficios en plena crise".??

Finalmente, apostou por acadar maiores cotas de soberanía nacional para poder aplicar políticas propias que permitan superar a actual situación económica e animou a todos os presentes a prepararse "para unha dura loita a medio e longo prazo na que esta é a primeira folga xeral, aínda que non descartamos ter que convocar máis".??

Tamén Vigo acolleu a mobilización de UGT e CC OO que con Xosé Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez se manifestaron baixo o lema "Así, non ¡rectificación xa!". ??Desde ambos os sindicatos salientaron que se tratou dun "día histórico" debido ao 82,15 por cento de participación na folga xeral.

O BNG fai folga
Nas diversas mobilizacións da CIG ao longo de Galiza participou o Bloque Nacionalista Galego (BNG), que chegou a facer folga en institucións como o Parlamento galego, o Congreso dos Deputados, nas Deputacións Provinciais e nos Concellos. Precisamente, o hemiciclo da Cámara galega amosou o mércores unha faciana inusual, xa que os 12 escanos dos parlamentares nacionalistas ficaban baleiros. O Grupo Parlamentar do BNG xa lles solicitara ao PPdeG e ao PSdeG adiar un día a sesión plenaria do día 29, mais populares e socialistas negáronse a modificar a data do Pleno.

Para o Bloque non foi unha sorpresa a actitude de PP e PSOE, xa que "comparten as políticas de recortes e axustes que xustifican a convocatoria e que atentan directamente contra os dereitos dos traballadores". Dada a negativa, os deputados e deputadas do BNG acordaron sumarse á folga, atrasar as súas iniciativas e renunciar ao salario do día para participar nas mobilizacións da CIG. " o momento de exercer na rúa", explicou o luns o portavoz parlamentar nacionalista, Carlos Aymerich.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat