Indica publicitat
Dimecres, 17 d'octubre del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 4 de juny del 2010 | 13:36
Crònica · Galiza

O PPdeG pagaría unha campaña electoral con fondos dun suborno

Esta semana comezou o xuízo polos delitos de suborno que supostamente cometeron dous ex concelleiros do PP en Nigrán. Xosé Luís Mosquera (ex edil de Cultura) e Alexandre Goméz (ex edil de Urbanismo) teríanlles solicitado un total de 900.000 euros a propietarios e promotores a cambio de incluír no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar (PXOM) convenios urbanísticos para o desenvolvemento de varias parcelas.

No xuízo, Mosquera admitiu que tanto el coma o ex edil Alexandre Gómez cobraron un total de 540.000 euros de tres promotores urbanísticos a cambio de convenios. Os cartos, segundo afirmou, destináronse ao financiamento da campaña do PP en Montevideo (o Uruguai) -cidade que representa unha importante colonia de votos- e a apoiar economicamente o partido independente Move Gondomar. O acusado declarou que, ao decatárense os populares do "perigo de non gañar as municipais do 2007 por maioría absoluta", consideraron que debían "facer unha campaña interesante" e "axudar os independentes -de Move Gondomar- para que nos apoiasen".

O ex edil do PP engadiu que "Álex -Gómez- dixo que tiña a solución", e que esta pasaba polo cobro de certas cantidades de diñeiro a cambio de facilitar a inclusión de tres convenios urbanísticos no PXOM de Gondomar. Na súa declaración, confirmou que se pediron 180.000 euros por cada un dos convenios urbanísticos.


Gómez negou os feitos

Pola súa banda, o ex edil de Urbanismo, Alexandre Gómez, negou e todo momento a súa participación nos feitos e rexeitou solicitar ningunha cantidade de diñeiro para incluír convenios urbanísticos no PXOM. Malia as declaracións de Gómez, unha gravación e varias testemuñas tamén o implican na trama -ao igual que a Mosquera.

O xuízo coincidiu co cruce de acusacións de corrupción entre o PPdeG e o PSdeG. O pasado mércores Manuel Vázquez, líder dos socialistas, aumentou a tensión até chegar a relacionar os conservadores co narcotráfico. "En Pontevedra é onde todo se mestura, a corrupción, o narcotráfico, os actores políticos, todo pasa por dous tres nomes, Rueda -conselleiro de Presidencia e secretario xeral do PPdeG, Louzán -presidente da Deputación de Pontevedra e presidente do PP en Pontevedra- e Feixóo -presidente da Xunta e presidente do PPdeG", declarou Vázquez nunha rolda de prensa.


"Trama corrupta"

O socialista referíase ao xefe da Consellaría de Medio Ambiente en Pontevedra, Evaristo Juncal, quen supostamente lograría varias concesións de gasolineiras que logo vendeu a persoas identificadas pola Xustiza como testaferros de narcotraficantes. Para Vázquez no PP de Pontevedra existe unha "trama" corrupta, como proba a prisión de Pablo Crespo (ex-número 3 do PPdeG na cadea polo caso Gürtel) e o caso de Gondomar. "O presidente do PP chamábase Alberte Nuñez Feixóo", dixo Vázquez para salientar que, cando saltou o caso Gondomar, en 1997, o PP xa estaba gobernado polos seus líderes actuais.

Pola outra banda, os populares, acusaron os socialistas de financiar o partido de xeito ilegal. Segundo o PPdeG, a Consellaría de Traballo do PSOE financiaría o partido no bipartito mediante subvencións a entidades próximas a Unións Agrarias e a FEGAMA. En concreto, o portavoz do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou que o senador e secretario de Organización socialista, Paulo García, de dirixir a suposta trama para "sacar pola porta de atrás da Xunta máis de 645.000 euros". O PSdeG xa presentou unha querela contra a "cazaría ideolóxica" do PP.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat