Indica publicitat
Divendres, 30 d'octubre del 2020
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 8 de gener del 2010 | 14:26
Crònica · Galiza

Un decreto contra o galego disfrazado de plurilingüismo

A Xunta de Galiza pretende reducir a presenza do galego no ensino, que pasaría do 50 ao 33 por cento. Así o anunciou o presidente do Executivo, Alberte Núñez Feixóo, na presentación do borrador do decreto que regula o uso e promoción da lingua na educación. Para xustificar a redución do galego no ensino non universitario, o líder do PPdeG escusouse na aprendizaxe do inglés. Deste xeito, anunciou que o "obxectivo final" do Goberno pasa por que se imparta o 33 por cento das materias na nosa lingua, o 33 por cento en español e o 33 por cento restante, en inglés.

obvio que non hai mestres de abondo para cubrir a cota deste idioma. Segundo a proposta do Goberno, serán as familias as que decidan que materias prefiren en galego e cales en castelán, sempre garantindo a igualdade no número de horas entre os idiomas oficiais. A medida aplicarase a todos os cursos, agás en Primaria. O texto do PP substituirá a norma vixente -aprobada polo bipartito co respaldo da práctica totalidade de asociacións de pais, sindicatos, profesores e alumnos- que fixa nun 50 por cento o mínimo de clases en galego e que nin sequera se está a cumprir. A propia presentación do borrador creou unha gran polémica, xa que a Xunta agardou até o penúltimo día do ano para sacalo á luz -en plenas vacacións de Nadal na educación- para minorizar o impacto na sociedade.

Dada a aleivosía de Feixóo, a plataforma cidadá en defensa da lingua, Queremos Galego, anunciara xa o día 29 a intención de se manifestar na praza do Obradoiro de Compostela, diante do edificio no que habitualmente se reúne o Consello da Xunta. Ao coñecer a convocatoria da protesta, o PP trasladou a xuntanza do Gabinete do Executivo até outras dependencias da Xunta, o que provocou que unhas 8.000 persoas reunidas polo colectivo se desprazasen até eses edificios administrativos. As reaccións á presentación do borrador do decreto non tardaron en xurdir. Sindicatos, formacións políticas, docentes e asociacións de pais rexeitaron de xeito unánime a redución do galego no ensino e prognosticaron que provocará conflitos de incalculábeis dimensións nas aulas.

Ademais, Queremos Galego convocou un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro. E é que a proposta do PP incumpre tratados internacionais como a Carta Europea de Linguas Minorizadas. A Mesa pola Normalización Lingüística tamén apuntou que a norma "vai contra o Estatuto de Autonomía" pois parte do "dereito á ignorancia dunha lingua". O BNG -que pediu a dimisión inmediata do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, por "mercenario contra a lingua propia e trasladar o conflito do galego ás aulas con posturas extremistas reflectidas nun decreto no que o alumnado galego é o grande esquecido"- cualificou a norma de "aldraxe". Os nacionalistas tamén solicitaron a retirada do decreto do galego e a restitución da proba do galego no acceso á función pública. O responsábel de Lingua do BNG, Bieito Lobeira, denunciou que o PP pretende que "os nenos e a mocidade de Galiza non saiban galego"; "impoñerlle o español aos que aprenderon a lingua propia dende o berce"; e obrigar os que proceden dun contorno lingüístico español-falante, manterse no monolingüismo para o resto da súa vida".

O deputado nacionalista afirmou que este decreto responde "á aplicación no eido educativo, dun proxecto político españolista e imperial do Partido Popular utilizando coartadas para xustificar a eliminación da lingua galega do sistema educativo como a introdución do inglés". Neste sentido, acusou o PP de querer "desgaleguizar a mocidade como xa se fixera en tempos do franquismo coa axuda de Galicia Bilingüe, a FAES e a Falange Española". O PSdeG tamén se posicionou en contra da norma que pretende fixar a Xunta. O portavoz de Educación do PSdeG, Guillerme Meixón, cualificou o borrador "de completo despropósito" e cuestionou que Feixóo fale de trilingüismo nas aulas "cando a formación do profesorado descende un 30 por cento" nas contas do Executivo para o presente exercicio.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat