Indica publicitat
Divendres, 30 d'octubre del 2020
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 10 d'agost del 2009 | 09:39
Crònica · Galiza

O Goberno do PP anuncia a derrogación do decreto eólico

O Goberno de Alberte Núñez Feixóo vén de anunciar que anulará o decreto eólico impulsado pola anterior Xunta e polo de agora non conta con ningún tipo de aval xurídico. Trátase, xa que logo, dunha decisión política coa que botará abaixo o reparto dos 2.300 megavatios do bipartito. Nunha rolda de prensa en castelán, o actual conselleiro de Industria, Xavier Guerra, admitiu que non haberá un novo concurso público.
Así, os muíños repartiranse mediante unha "autorización administrativa con concorrencia". Co criterio do PP as empresas non terán puntos se ceden parte das accións á Xunta ou aos concellos. No concurso anulado o Goberno lograra mediante este avance o 14 por cento das accións para o erario público. E é que para os conservadores "a participación pública é unha tacha directa e infraqueábel" que converte o concurso do bipartito en ilegal. Porén, as leis aplicadas en Navarra e mais en Euskadi ratifican que a participación pública nos muíños é legal. Mesmo en Galiza hai pequenos parques municipais en mans dos concellos.

En contraposición co proxecto popular, o decreto desenvolvido no seu día pola Consellaría de Innovación e Industria -dirixida polo BNG- respondía a un proxecto verdadeiramente transformador para Galiza que buscaba un revulsivo económico e social para o país. Os obxectivos que perseguía o BNG eran o desenvolvemento do sector, repercusión dos beneficios en Galiza, aposta pola industrialización e polas empresas propias e titularidade pública do 14 por cento da potencia instalada que revertería directamente no beneficio dos galegos e galegas. O concurso levaba aparellada a realización de investimentos en proxectos de desenvolvemento por unha contía duns 1.300 millóns de euros, o que suporía a creación de milleiros de postos de traballo en plena crise económica.

Tratábase ademais dun modelo transparente de convocatoria pública, con criterios obxectivos de valoración especificados no DOG e con todas as garantías técnicas, xurídicas e administrativas. "Démoslle a volta ao guión seguido polo PP até 2005 durante 16 anos e que agora queren recuperar", subliñan os nacionalistas. O BNG lembra que os populares comprometeron 4.200 megavatios de potencia eólica "con procedementos escuros e sen dar explicacións á cidadanía". "Así admitiron a trámite parques impulsados por promotores individuais, normalmente próximos ao PP e que en ocasións, nin sequera acreditaban os requisitos de capacidade legal, técnica e económica esixidos pola normativa do sector eléctrico", engade.
O día da súa investidura Alberte Núñez Feixóo abrazouse co presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán. O BNG valeuse desta icónica imaxe para criticar a derrogación do reparto eólico do bipartito. "Fronte aos intereses das empresas galegas o PP coloca diante os intereses das empresas de fóra e das grandes corporacións", declarou o deputado Henrique Vieitez. Cómpre lembrar que foron 29 empresas "sobre todo galegas e ligadas a sectores produtivos do país" as que apañaron megavatios co bipartito. Grandes corporacións foráneas como Iberdrola ou Fenosa foron as máis prexudicas, malia a súa posición de dominio até hoxe. Para os nacionalistas a decisión de cambiar o reparto estaba tomada, polo que o informe da Asesoría Xurídica esgrimido pola Xunta só é unha maneira de "vestir o santo" para xustificar o seu compromiso electoral.

Os nacionalistas non foron os únicos en criticar a anulación do decreto. O PSdeG afirmou que a decisión do PP só obedece a criterios "políticos". "Esta é unha politización inusual da actuación dun Goberno, sobre todo sen que medie ningunha resolución xudicial", apuntou. Para os socialistas, esta derrogación terá como resultado a creación de "máis inseguridade xurídica e máis recursos xudiciais" que, á súa vez, suporán un "quebranto previsíbel das arcas públicas". O certo é que os conservadores prevén contar coas concesións no primeiro semestre do 2010 e que sexan definitivas no segundo semestre. 

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat