Indica publicitat
Dilluns, 24 de setembre del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 13 d'agost del 2010 | 15:02
Crònica · Galiza

Incendios: obxecto de censura por parte da Xunta

Datos contraditorios e realidade falseada derívanse da política (des)informativa que está a seguir a Xunta con respecto aos incendios forestais que este ano están a queimar centos e centos de hectáreas de Galiza e que na pasada noite se cobraron a vida de dous brigadistas que participaban nos labores de extinción en Fornelos de Montes.

A liña que segue o PP en relación aos lumes -xa iniciada na campaña do pasado verán- consiste en ocultar e minimizar a totalidade de incendios. O propio Goberno de Alberte Núñez Feixóo admite que non dá contas dos que lle afectan a menos de 20 hectáreas, xa que non os considera incendios. Esta política difire da levada a cabo durante o período do bipartito, no que cada día os medios de comunicación recibían cada día nas súas redaccións catro notas diarias que sinalaban o número exacto de incendios, localización, nivel de intensidade e extensión afectada. Porén, o actual presidente da Xunta ten subliñado que o Executivo non ofrecerá toda a información até que remate a campaña, xa que podería provocarse un "efecto chamada" para os incendiarios, feito que a Fiscalía Superior de Galiza nega e que está a provocar desconfianza na sociedade. Segundo os expertos, unha cidadanía informada é máis consciente do problema e poderá participar na súa resolución.

Ademais da desinformación, o equipo de Núñez Feixóo terxiversa datos e cifras que sempre son menores aos ofrecidos non só polas testemuñas, organizacións sociais, institucións, o exército e mesmo polo Goberno español. Como mostra, mentres o pasado luns a Xunta só informaba acerca da existencia de dous lumes en Ourense, o Ministerio de Medio Ambiente daba conta da participación de 19 medios aéreos na extinción de dez lumes.

Recortes na prevención
Mais o problema non é só de natureza informativa, senón de eivas na prevención. Nos meses previos á época de máximo risco, a Consellaría de Medio Rural decidiu non desenvolver labores preventivos coas súas propias brigadas, reduciu a colaboración cos concellos, recortou 8,7 millóns o orzamento dedicado aos traballos de loita contra o lume e adiou a orde de axudas ás comunidades de montes para limpar os perímetros próximos ás vivendas.

Os grupos da oposición, PSdeG e BNG, denunciaron durante estes días a política escurantista do PP respecto aos lumes, mais tamén criticaron o silenciamento da Xunta asociacións ecoloxistas, sindicatos agrarios e concellos de todo o país. Precisamente, o Concello de Lobios -que en días pasados sufriu un incendio que lle afectou ao Parque Natural do Xurés, feito que negou o Goberno galego, e que obrigou a desaloxar varios veciños- informou de que as hectáreas danadas polo lume duplican a cifra da Consellaría de Medio Rural, que calculou que foran queimadas 100 hectáreas.

Socialistas e nacionalistas advirten dunha volta ás prácticas do Goberno de Fraga. De feito, o BNG advertiu de que o actual director xeral de Montes ocupou cargos de responsabilidade na materia forestal nos diferentes equipos do ex presidente da Xunta, etapas que se caracterizaron polo "abandono de medidas preventivas fronte aos incendios" e por "practicar a censura informativa".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat