Indica publicitat
Divendres, 22 de juny del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 16 de juliol del 2010 | 13:50
Crònica · Galiza

Rosalía non cae no esquecemento

Máis de 1.500 persoas participaron no cortexo cívico co que a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxeou onte a Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento para que un dos nosos símbolos máis prezados non caia no esquecemento", en palabras de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da asociación. No acto, os participantes percorreron o mesmo camiño que os restos da escritora, que foi trasladada no 1981 do cemiterio da Adina, na parroquia de Iria Flavia (Padrón) ao Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

Foron 206 os colectivos que apoiaron a homenaxe, que deu comezo ás 17h00 do xoves no cemiterio no que fora inhumado o corpo de Rosalía -no 1885- baixo unha lápida que a sepultaba no silencio. 125 anos despois da súa morte, máis de 400 persoas escoitaban con atención versos de Follas Novas lidos pola escritora e secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas. Minutos antes, Cesáreo S. Iglesias leu un discurso no que afirmou "os dereitos nacionais na figura de Rosalía, así como a redención da nosa Patria". Ademais de incidir na "fértil" capacidade creadora da homenaxeada, o presidente da AELG explicou que o acto serviu tamén "para honrarmos a Patria Galega".

O cortexo cívico abandonou Padrón baixo os acordes da gaita e do tambor. Facíao polo camiño de ferro, no tren "Follas Novas". Os participantes da homenaxe en Iria Flavia foron recibidos en Compostela ás 18h00 pola Real Banda de Música da Coruña e por outra comitiva formada por máis de mil persoas, entre as que se atopaban numerosos dirixentes do BNG, entre eles o portavoz nacional, Guillerme Vázquez.

Percorrido por Compostela
A do Toural foi a primeira praza en abeirar os primeiros versos de Cantares Gallegos. "Castellanos de Castilla/ tratade ben ós gallegos;/cando van, van como rosas;/cando vén, vén como negros", recitaba Marta Dacosta, acompañada por Estíbaliz Espinosa e Anxo Angueira.A continuación, os acordes do Negra Sombra, a cargo da Banda Municipal de Música de Compostela, estendéronse ao longo da Rúa do Vilar. A lectura do prólogo de Cantares Gallegos tivo lugar na Praza da Universidade, onde tomaron parte do acto Antía Otero, Teresa Moure, Isidro Novo e Marica Campo. Foi fronte á Facultade de Historia onde se viviu un dos momentos máis emotivos da homenaxe, a audición da Pietat Signore, de Stradella.

Antes de recalar en San Domingos de Bonaval, María Xosé Queizán, Xabier Docampo e Ana Romaní deron conta doutros tres poemas na Praza de Cervantes, onde á Libraría Couceiro, lugar no que actuaron as Pandereiteiras de Bouba.

Buxo e loureiro para Rosalía
San Domingos de Bonaval foi o punto de chegada da comitiva. Ao pé do Panteón de Galegos Ilustres -para o que se reclamou a aconfesionalidade ao longo do traxecto-, tivo lugar a audición do Ángelus, de Massenet, e a lectura de poemas de Follas Novas a cargo de escritores e escritoras como María Pilar García Negro, Rosa Aneiros, Rafa Vilar, Francisco Castro ou Yolanda Castaño. Os participantes tamén escoitaron pezas de Rosalía tecidas coa voz de músicos como Xabier Díaz, Ugía Pedreira, Uxía Senlle, Guadi Galego ou Sonia Levedinski.Antes de depositar os ramallos de buxo e de loureiro traídos do cemiterio da Adina sobre a sepultura de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres, Cesáreo S. Iglesias leu o manifesto, no que advertiu de que "os que hoxe nos negan, como a ti te negaron ao longo de tanto tempo, son da estirpe dos que ocultaron o xenio do teu verso, construíndoche unha imaxe distorsionada para afastarnos da exactitude das túas palabras".

A voz das mulleres do pobo
O presidente da AELG, en nome das máis de 200 asociacións que se adheriron á homenaxe, criticou que a Igrexa "tutele os símbolos nacionais de costas ó pobo galego". Tamén lembrou que Rosalía asumiu "ser voz da solidariedade maiúscula cos marxinados" e "as mulleres do pobo, vítimas dobres dos danos infrinxidos a Galiza".O Himno Galego resoou entre as naves e a ábsida do convento para despedir o acto de homenaxe á muller que sostivo a lingua contra o silencio.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat