Indica publicitat
Dimecres, 21 de febrer del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 17 de setembre del 2010 | 10:31
Crònica · Galiza

O BNG presenta a proposta de Estatuto de nación

Tras a volta ao novo curso político, os nacionalistas galegos foron os primeiros en presentar feitos os deberes, ao dar a coñecer a súa proposta de Estatuto de nación. Pola contra, o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo,

que se comprometera a sacar á luz a súa proposta en setembro, segue sen esclarecer a visión do Goberno.

Á hora de presentar o seu modelo, o BNG rexeitou as palabras do presidente do Executivo galego, quen apuntou que a reforma do texto estatutario "non é a prioridade" na actual conxuntura económica. "Mais ao final nin resolve a crise nin a necesidade dun novo Estatuto para Galiza, e así andamos", advertiron os nacionalistas. Como exemplo, a formación frontista aludiu a que se hoxe os gandeiros están a cobrar o menor prezo de toda Europa, a culpa non é do novo Estatuto, senón do Goberno de Feixóo, pero se tivésemos un novo Estatuto onde Galiza puider deferender directamente os intereses do noso sector leiteiro na UE, si que teriamos ferramentas para mellorar a situación dos nosos gandeiros.

Nesta liña, o BNG asegurou que "se temos graves problemas de desemprego e as pensións máis baixas do Estado é responsabilidade do Goberno central e do da Xunta, pero cun novo Estatuto poderíamos ter moitas máis ferramentas para combater a crise". E é que os nacionalistas defenden que o progreso e benestar de Galiza só se pode acadar a través dun maior autogoberno.

Por que modificar o Estatuto?

Datado do 1981, o BNG considera que cómpre reformar o Estatuto xa que o actual marco é insuficiente, dado o baixo nivel de autogoberno, o modelo de financiamento e o abano limitado de competencias. O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, apuntou neste sentido que "son as regras de xogo que nos impoñen, entre elas unha limitade capacidade de autogoberno, as que nos impiden acadar niveis de desenvolvemento económico e social semellantes aos dos países máis desenvolvidos do noso contorno".

O BNG acusou o PP de agocharse tras a crise co fin de eludir a modificación do texto estatutario, "mais o debate sobre o novo Estatuto ten a ver coa mellora das condicións de vida da sociedade, co combate fronte á crise e coa defensa da nosa lingua e da nosa cultura".

Puntos centrais da proposta

Coa vista posta no marco constitucional vixente, os nacionalistas galegos céntranse na defensa dos valores identitarios e produtivos do país e nas ferramentas coas que saír da crise. Á hora de redactar o proxecto, o BNG xa sinalou que a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut catalán "non é un ditado que nos obrigue a renunciar o que consideramos elemental". Os nacionalistas censuraron que a Xunta e o PP rexeiten mesmo lograr un Estatuto galego similar ao que o Constitucional revalidou para Catalunya, en aspectos como a definición de Galiza como nación, o status de oficialidade do galego ou a asunción de competencias con exclusividade, así como a salvagarda do carácter público de moitos servizos.

Á hora de tratar a proposta, o BNG incidiu na situación do galego, "unha lingua que soporta o cruel paradoxo de ter no Goberno da Xunta o seu principal inimigo, e que non será verdadeiramente unha lingua oficial na súa propia terra até que acade o mesmo status legal que ten recoñecido o castelán". Tamén subliñou o debate sobre as caixas de aforros, "onde vemos perfectamente o interese que ten para os galegos dispor dun autogoberno pleno para evitar que se prepare dende Madrid a privatización do aforro galego para a súa posterior expatriación".

Os nacionalistas cualificaron de "integradora" e de "honesta" a iniciativa, que foi elaborada por persoas de dentro e de fóra do BNG. O Bloque Nacionalista Galego non pecha a porta a un acordo entre os tres grupos con representación no Parlamento, "o acordo é posíbel, e así o vai facer o BNG, se todos poñemos por diante o interese superior de Galiza".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat