Indica publicitat
Dissabte, 31 d'octubre del 2020
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 20 de novembre del 2009 | 14:00
Crònica · Galiza

O Supremo volve fallar a prol do galego

O castelán non está marxinado no ensino. Esta é unha das xustificacións coas que o Tribunal Supremo rexeita que as familias escollan a lingua na que se educan os seus fillos e fillas, como reclamaba un pai vigués -que buscaba unha educación en castelán. Trátase dunha sentenza de gran relevancia política en Galiza, xa que a Consellaría de Educación ultima estas semanas a proposta do decreto que substituirá a norma do bipartito -que insta os centros educativos a impartir o 50 por cento das materias en galego e que nin sequera se está a cumprir. Con esta manobra, o PP reducirá a xa escasa presenza da lingua no ensino.

Os diferentes fallos do Supremo a favor do galego deixan sen argumentos a falsa "imposición" da lingua propia do país á que recorre a cúpula do PP continuamente. Na última sentenza, publicada esta semana, o alto tribunal recolle que "toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar así unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios".


Auto contra o galego

O anuncio da sentenza do Tribunal Supremo coincidiu no tempo co coñecemento público dun auto no que se afirma que o galego "non ten utilidade práctica". Así, o Bloque Nacionalista Galego denunciou que un xulgado de Alcorcón (Madrid) ameaza unha nai galega con retirarlle a custodia das súas fillas por trasladarse de Alcorcón a Vigo, debido a que "o ensino é en galego e esta lingua non é útil". Nunha rolda de prensa, o irmán da afectada, Manuel López Rodríguez, relatou "o calvario o que se nos está sometendo, cunha evidente inxustiza por querer vivir en Galiza" e salientou que as nenas "non tiveron ningún problema co galego".

O portavoz de Lingua do BNG criticou o auto, que lle nega á nai que se traslade a Vigo debido ao perigo de "desarraigo que se estende ao seu ámbito escolar, pois as menores estiveron escolarizadas desde hai moitos anos no Colexio Amanecer, de Alcorcón, para agora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión nun sistema escolar en lingua galega, unha lingua distinta á que foron escolarizadas até o de agora, que máis alá do ámbito de aquela Comunidade Autónoma, non se aprecia que teña ningunha outra utilidade práctica". O deputado nacionalista subliñou que "é un caso de racismo lingüístico, de xenofobia, como se fora un delito que en Galiza tiveramos unha lingua propia".

Ademais, Lobeira advertiu de que "argumentos como o deste xulgado de Alcorcón poden sentar xurisprudencia no futuro e calquera pai ou nai separado de Galiza, Catalunya ou Euskadi que viva en Madrid ou noutra Comunidade castelanfalante e queira volver á súa terra perderá a custodia dos seus fillos".

Ante esta situación, o deputado nacionalista presentou unha proposición non de lei no Parlamento pola que se insta á Xunta de Galiza a "adoptar as medidas precisas, ao amparo da legalidade vixente para evitar un caso flagrante de discriminación por razón de lingua, de pertenza e residencia na Galiza, que está a padecer unha familia de Vigo". Polo de agora -tres días despois de que o BNG sacase á luz este caso- a Xunta aínda non se pronunciou nin lle ofreceu á familia afectada o seu apoio.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat