Indica publicitat
Dissabte, 31 d'octubre del 2020
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 23 de gener del 2009 | 14:15
Crònica · Galiza

O PSdeG non ve con bos ollos que os emigrantes voten co documento de identidade

Os emigrantes que queiran emitir o seu dereito ao voto deberán incluír no sobre a enviar na Xunta Electoral Provincial o certificado de inscrición no censo, unha fotocopia do pasaporte ou do documento de identidade expedidos polas autoridades españolas ou, na súa falta, polo consulado do Estado español no país de residencia. Así o decidiu esta semana a Xunta Electoral Central (XEC). Deste xeito, garántese minimamente a identificación dos residentes na diáspora mediante documentos acreditativos para tentar rachar coa tendencia a que os mortos voten ou a que unha mesma persoa vote en máis dunha ocasión.


O PP, que expresou a súa "satisfacción" tras ter coñecemento desta decisión, denunciou os "constantes boicots" do PSOE a calquera iniciativa que garanta as "mínimas condicións democráticas" do voto dos residentes no exterior. Pola súa banda, o BNG cualificou de "moi positiva" a medida e xa presentou alegacións ante a Xunta Electoral solicitando xustamente que fose "vixiante neste sentido" na campaña galega.

O que non se amosou satisfeito coa medida foi o actual presidente da Xunta e candidato polo PSdeG, Emilio Pérez Touriño. O socialista, malia que evitou criticar directamente a decisión da XEC, deixou entrever o seu rexeitamento á depuración do voto da diáspora ao lembrarlle ao organismo o inédito do cambio legal, "é a primeira vez que sucede isto desde que existe a LOREG", apuntou. Nunha rolda de prensa tras o Consello da Xunta, os xornalistas lembráronlle a Touriño que o PSOE rexeitara no Parlamento galego a petición que esta semana aceptou a XEC. "Nada que engadir". Con estas verbas, o presidente da Xunta daba por finalizado o asunto.

Con todo, malia que se trata dun paso positivo, aínda quedan moitos aspectos pendentes na reforma para garantir a limpeza do voto emigrante e para que todos os cidadáns galegos, incluídos mariñeiros e emigrantes noutras zonas do Estado español, poidan exercer o seu dereito a votar.

Cabe lembrar unha vez máis que o partido que goberna en Madrid, xa sexan os socialistas ou populares, gañou sempre os comicios na emigración, mentres que a porcentaxe dos nacionalistas nunca superou o 5 por cento. A data de 1 de decembro, o número de residentes no exterior inscritos no CERA era de 1.237.893 persoas en todo o Estado, das que 334.134 eran galegas -117.421 correspondentes á Coruña, 98.629 a Pontevedra, 74.202 a Ourense e 43.882 a Lugo-.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat