Indica publicitat
Dimecres, 15 d'agost del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 23 de setembre del 2010 | 14:13
Crònica · Galiza

Como paga Galiza crise?

Os salarios e as pensións en Galiza son os máis baixos de todo o Estado e o país arrastra un gran déficit en infraestruturas e mais en obras públicas. A estes factores súmanselle desde hai meses a redución do salario dos funcionarios e funcionarias, a restrición do investimento público, o aumento do IVE ou a redución da prestación dos pensionistas. Estes son só algúns dos motivos polos que o sindicalismo, especialmente nacionalista, chama á folga o vindeiro 29 de setembro.

A situación en Galiza soporta unha gravidade maior que noutras autonomías, xa que desde que o PP accedeu á Xunta, en abril do 2009, o desemprego se incrementou un 23,3%. dicir, desde que Alberte Núñez Feixóo é presidente, 37.900 persoas que tiñan traballo perderon o seu posto de emprego. E iso que no programa electoral, o agora presidente da Xunta comprometérase a rematar coa crise en 45 días.

Os populares, no canto de defender o país, aplican de xeito selectivo a tan preconizada austeridade, que non existe para gastar 3 millóns de euros para que o Papa visite Compostela oito horas ou para dilapidar 12 millóns de euros para trocar libros de texto en galego por material didáctico en castelán. Pola contra, o Goberno de Feixóo prefire non investir en economía produtiva e reducir a licitación pública (de 68 millóns de euros na lexislatura pasada a menos de 43 millóns na actual).

Coa chegada do PP a San Caetano, reduciuse o gasto público -coa perda de empregos e coa grave deterioración da calidade dos servizos públicos-, incumpriuse o Plan Estratéxico de Prevención de Riscos, silenciouse o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, privatizáronse servizos, impediuse o incremento do tramo autonómico do IRPF ás rendas máis altas e facilitáronse expedientes de extinción de contratos. Á vista destes datos, non resulta sorprendente que Galiza lidere as autonomías nas que máis crece o paro e na que máis ocupados desaparecen.

Esta mesma semana, Feixóo anunciou o recorte do 12% dos orzamentos para o ano que vén. O Executivo do PP meteralle a tesoira, segundo avanzou, a servizos públicos como o Noitebús (liñas de autobuses para evitar sinistros de tráfico entre a mocidade), liñas ferroviarias "deficitarias" ou ao servizo de comedor en centros de ensino.

Hai xa meses, o nacionalismo galego avogou por unha folga xeral que frease o recorte de dereitos. Unha folga para transmitirlles aos gobernos que os traballadores e traballadoras non están dispostos e dispostas a asumir unha "sangría laboral". Neste contexto, o BNG pide que se freen políticas "que consisten en poñer a dieta os traballadores". O portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, declarou onte no reparto de propaganda para un 29-S masivo que "a quen hai que poñer a dieta son os mercados financeiros, as grandes fortunas e os grandes capitais".

Na mesma liña, o sindicato nacionalista galego, a CIG, negouse a fotografarse coa patronal e coa Xunta en xullo, no que denominou "a escenificación dun diálogo social", que ve unha política de colaboración co poder, un diálogo social que non ofrece alternativas políticas reais de saídas á crise dende unha perspectiva favorábel á clase traballadora. Ambas as dúas organizacións nacionalistas percorren estes días as rúas de Galiza para chamar os galegos e galegas á folga do vindeiro mércores.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat