Indica publicitat
Divendres, 17 d'agost del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 25 de juny del 2010 | 15:17
Crònica · Galiza

O Goberno central non cumpre co veto a Navantia

A Presidencia española na Unión Europea está a piques de rematar sen que se solucionase o veto que pesa sobre o estaleiro de Navantia-Fene, que lle impide construír buques civís. E iso malia o compromiso adquirido por José Luis Rodríguez Zapatero no último Debate sobre Política Xeral -ratificado meses despois no Congreso- e a pesar dos varios acordos adoptados polo Parlamento de Galiza.

Esta mesma semana, o Pleno galego aprobaba por unanimidade unha iniciativa lexislativa popular en defensa da construción e reparación civil neste estaleiro. E, á vez, en Madrid, Zapatero respondíalle ao BNG que "é un tema moi difícil, moi difícil". "Falei disto coa Comisión en máis dunha ocasión pero é difícil lograr os obxectivos que queren. Sei que teñen un apoio considerábel en Galiza, e que alí é un tema sobre o que existen expectativas, pero é difícil", sinalou. O presidente do Executivo central limitouse a subliñar a complicación que supón a negociación do levantamento do veto ao estaleiro sen nin sequera dar conta das xestións oficiais concretas que realizou no seno da UE.

Neste sentido, o BNG asegurou que o comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, recoñeceu publicamente que o Goberno español non lle pedira revisar a decisión que lle afecta ao estaleiro de Fene. "E namentres, cunha taxa de paro do 20 por cento, resulta que Repsol ten que encargarlles a construción dos seus gaseiros a Corea", lembrou o portavoz nacionalista galego no Congreso, Francisco Jorquera.

Razóns para levantar o veto

Sobre Navantia (antiga Astano) segue pesando o veto que, de ser suspendido, permitiría acadar altas cotas de emprego na comarca, que aínda non se recuperou da reconversión industrial e que hoxe conta con máis de 17.000 parados. De ser unha potencia na industria naval, Galiza fica agora marxinada. Realmente, o estaleiro de Fene puido beneficiarse de pouco máis de 60 millóns de euros das supostas axudas públicas ilegais, un total de 975 millóns de euros que foron concedidos a todo o conxunto de estaleiros públicos que pertencían ao grupo Izar.

Pola outra banda, a UE autorizou a Polonia a outorgarlle 251 millóns en axudas ao estaleiro de Gdansk e tamén lle autorizou a condonación de débedas por importe de 2.000 millóns a outros dous estaleiros de Polonia en proceso de privatización. En ningún dos dous casos Bruxelas impuxo restricións comparábeis á que padece hoxe Navantia. Os propios acordos do 2004 polos que limitaron a capacidade produtiva da antiga Astano estabelecen que poderán ser revisados en casos de feitos novos e relevantes. Non é a crise económica suficiente razón para os revisar?

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat