Indica publicitat
Dimarts, 14 d'agost del 2018
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 30 de juliol del 2010 | 11:53
Crònica · Galiza

O BNG reclama "unha nación, sen apelidos" no Día da Patria Galega

Máis de 20.000 persoas, segundo a organización -unhas 15.000 segundo as forzas de seguridade-, responderon á chamada do BNG no Día da Patria Galega. Como cada ano, os nacionalistas volveron encher a Praza da Quintana logo da tradicional manifestación que percorreu as principais rúas de Compostela tras unha bandeira de Galiza de grandes dimensións. O lema, Fai valer a túa forza!, teceu o discurso pronunciado polo portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, que antes de comezar a intervención agradeceulle á militancia a súa presenza malia a calor.

O dirixente do BNG animou a cidadanía a "facer valer a súa forza" para acadar un "Estatuto de Nación", porque "somos nación a secas, sen apelidos". Este ano, logo da sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut de Catalunya, a reclamación dun status de nación gañou forza no ideario transmitido polo Bloque o Día da Patria. Vázquez, que saudou desde o palco os cataláns "por dar un exemplo de dignidade", advertiulle ao PSOE e ao PP que "se teñen a tentación de consolidar Galiza na segunda división, que o pensen, non contarán coa complicidade nin co silencio do BNG". Nesta liña, sinalou que "se na Constitución, convertida en momia do bipartidismo español, non caben as nacións, teremos que concluír que é necesaria outra Constitución, outro modelo de Estado".

Críticas ao neoliberalismo
A crise, definida por Guillerme Vázquez como "consecuencia práctica da aplicación dos dogmas do neoliberalismo", centrou boa parte do discurso do portavoz nacional, quen criticou "un modelo onde o negocio é a única máxima, onde a xente non importa nada". Tamén rexeitou os recortes sociais do Goberno central, o "saqueo" do erario público e a "conversión das débedas privadas en débedas de todos". A continuación, Vázquez, citou as medidas que propón o BNG para atallar a situación económica actual, desde o control público do capital financeiro até o control da fraude fiscal, entre outras iniciativas. Logo de gabar o traballo político dos deputados en Madrid, Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, e do senador, Xosé Manuel Pérez Bouza, o portavoz nacional censurou a actitude do PSOE e do PP en cuestións como o levantamento do veto a Navantia ou a reforma do decreto do carbón.

En Monte Pío, "nin pío"

O "suspenso" do ano e medio do Goberno do PP animou os manifestantes. "Que durante a Presidencia semestral da UE o sector naval, o lácteo e o da pesca son esquecidos? Pois en Monte Pío, nin pío", "que se está a incumprir o Pacto do Obradoiro? Pois en Monte Pío, nin pío", berrou Guillerme Vázquez. O portavoz nacional instou a Feixóo a saír do "Desván de los Monjes" para resolver os problemas do país, "que non se solucionarán evitando enfrontarse a eles nin engurrándose diante do Goberno central". Aludiu, neste sentido, á Lei de Caixas de Galiza, "que Feixóo ten gardada na gabeta, disposto a reformala até adaptala aos desexos dos que mandan".

Eleccións municipais
Malia que o Estatuto e a crise artellaron a celebración do Día da Patria Galega, o BNG non obviou as eleccións municipais. Os candidatos das principais cidades compartiron palco cos membros da Executiva do Bloque e Guillerme Vázquez dedicou parte da súa intervención a animar a militancia de cara á que será a súa primeira cita coas urnas desde que asumiu a Portavocía Nacional. Ademais de referirse a unha listas "elixidas democraticamente", Vázquez apuntou que o BNG "non aspira nin a ocupar as poltronas nin a contribuír ás receitas ditadas en Madrid ou Santiago". "Aspiramos a gobernar", subliñou. Por último, o portavoz sinalou que o BNG está "vivo e activo" e salientou o "proxecto político claro" dunha organización "nacionalista e de esquerdas" e "sen ataduras nin complexos". Unha cita de Castelao, na que reclamaba unha Galiza "máis digna que na que viviron e morreron os nosos mártires", deulle paso ao Himno nacional.

A Policía prohibe as bandeiras galegas perto da catedral
Como vén sendo habitual no Día Nacional de Galiza, bandeiras da Patria, outras -as menos-, institucionais, ateigaron as rúas compostelás na fin de semana. Porén, este ano, as forzas de seguridade impedíronlles a persoas ataviadas cos símbolos galegos a libre circulación polos arredores da catedral. Foi o caso de Xoán que, acompañado da súa crianza de seis anos, foi advertido por dous policías. Ao preguntar por que non lle permitían pasar pola Praza das Pratarías, un dos axentes respondeu: "temos orde de non deixar camiñar perto da catedral -agás na Praza da Quintana- con simboloxía".

O mesmo aconteceu no Obradoiro, onde si ondearon bandeiras españolas para recibiren os reis e a comitiva presidida polo presidente da Xunta. Alberte Núñez Feixóo celebrou o oficialmente Día Nacional de Galicia cunha misa na catedral. Mentres que os socialistas se decantaron pola súa tradicional ofrenda floral ante o busto de Castelao en Rianxo

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat