Indica publicitat
Divendres, 30 d'octubre del 2020
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 30 d'octubre del 2009 | 14:18
Crònica · Galiza

A Xunta xa escribe a papelaría oficial en castelán

"La Consejería de Medio Rural en La Coruña" ou "la conselleira del Mar" son algunhas das expresións que comezan a empregar altos cargos da Xunta de Galiza nos seus escritos oficiais. O portavoz de Lingua do Bloque Nacionalista Galego, Bieito Lobeira amosou no Pleno do Parlamento celebrado esta semana os escritos da Administración en castelán.

Entre os documentou destaca unha misiva enviada por Rosa Quintana, responsábel da Consellaría de Mar, redactada integramente en español. A carta, que se dirixe a "Sr. D. Bieito Lobería Domínguez" -no canto de Lobeira-, está asinada por "La conselleira del Mar".

A Administración autonómica non só non emprega o castelán na redacción. Tamén o usa para deturpar a designación oficial dos órganos institucionais. o caso de "La Consejería de Medio Rural en La Coruña", "Ayuntamiento de Ordes" ou "El jefe territorial de la Consejería de Medio Rural en La Coruña". O parlamentar do BNG revelou estes documentos antes de presentar unha moción na que lle pediu á Cámara o compromiso co galego e que o PP desbotou. Lobeira considerou un "retroceso histórico" o rexeitamento do PPdeG á actual lexislación en materia lingüística, "que foi consensuada por todos os grupos políticos galegos no seu momento". En concreto, a iniciativa do BNG pedíalle ao Goberno Galego que cumprise o artigo 10º da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, que estabelece que "os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega".

En segundo lugar pedía que se revalidase o compromiso co Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade en setembro do 2004. Ademais pedíase que se presentase un informe anual ao Parlamento sobre o cumprimento destas medidas e, por último, demandábase que, en cumprimento da Lei 4/2006 de Transparencia e Boas Prácticas na Administración Pública Galega, e en concordancia co PXNL, os cargos da Xunta de Galiza usen de xeito normal o galego nas súas relacións coa cidadanía". ??Por iso, o deputado nacionalista cualificou de "inaudito que o Partido Popular rache todos os consenso e mesmo se negue a apoiar o que di a lei". "Nunca me imaxinei como deputado do BNG pedíndolle a un Goberno que, simplemente cumpra a lei", engadiu. ?? ??Bieito Lobeira lembrou que "o pobo galego foi castigado durante séculos, humillado e reprimido por falar en galego, un proceso que se acentuou durante o Franquismo, e que deixou unha fonda pegada na xente, de complexo de inferioridade e de que o galego é un lastre e un atraso para progresar".

??O deputado do BNG subliñou que "durante os últimos 25 anos, coa Xunta de Galiza, logramos avances moi cativos para parar ese proceso de substitución da lingua galega polo español". ??"Con todo, e debido á estratexia máis españolista do Goberno de Feixóo, atopámonos agora con voces que criamos superadas pola historia e polo avance da democracia que vociferan contra o galego e queren mesmo reinstaurar os topónimos deturpados das nosas vilas e cidades". O deputado do BNG considera que coa súa negativa no Pleno do Parlamento Galego "o Goberno de Feixóo fai ouvidos xordos ás ducias de miles de galegos e galegas libres que se manifestaron o pasado 18 de outubro en Santiago de Compostela". "O Goberno do Partido Popular é un goberno instalado na soberbia, presidido por un sector españolista e antigalego, e que despreza a gran maioría dos galegos e galegas que, independentemente da lingua que falen, lle queren ben ao país e á lingua galega".

A moción defendida polo BNG no Parlamento foi rexistrada por Lobeira un día despois de que o director xeral de Mobilidade da Xunta, Miguel Rodríguez Bugarín, empregase topónimos deturpados e interviñese en castelán na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos da Cámara. A intervención de Rodríguez Bugarín tamén provocou que o BNG presentase unha queixa á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, sobre este asunto.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat