Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 13 de de novembre del 2009 | 14:00
Crònica · Galiza

Sete anos despois do 'Prestige', Galiza fica indefensa

Hoxe, 13 de novembro, cúmprense sete anos da catástrofe do Prestige. No maxín dos galegos e galegas fican as costas tinguidas do negro do chapapote e, como cada aniversario, repítese a preocupación polo que poida acontecer se volve dar outro caso como o do petroleiro. E é que Galiza -malia posuír o litoral máis afectado polos verquidos contaminantes- non conta aínda con medidas de protección ante novas catástrofes, nin con protocolos de actuación, nin con planos de evacuación que eviten outro accidente similar.

A última medida anunciada polo Goberno español tampouco axuda a solucionar a indefensión de Galiza para combater a contaminación mariña. O Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero decidiu desmantelar o Centro para a Prevención e Loita contra a Contaminación Marítima e do Litoral (CEPRECO), que tiña a súa sede na Coruña, e o panel de expertos antiverquidos que se encargaba de asesorar as Administracións en caso dun accidente marítimo que implicase a vertedura de substancias contaminantes.

Mentres o Goberno español segue a defender a centralización en Madrid de todo o que ten a ver co Salvamento Marítimo, o pecio -que aínda conta con máis de 1.700 toneladas de hidrocarburo no seu interior- segue emanando cada día entre 20 e 50 litros de fuel debido á corrosión do casco, segundo o último informe da empresa petrolífera Repsol-YPF.

"O Goberno asegura que o traslada a Madrid para atender tamén o Mediterráneo, pero o que o que non din é que Galiza ten máis quilómetros de costa, máis flota pesqueira, máis sinistralidade no mar e máis mareas negras nas súas costas que todo o Mediterráneo", denunciou o BNG. "Galiza é o lugar do mundo que sufriu máis grandes mareas negras e fronte ás nosas costas pasan cada ano máis de 13.000 buques con mercadorías perigosas", engadiron os nacionalistas. De aí, que o portavoz de Pesca do BNG, o deputado Bieito Lobeira -que se laia da falta de adaptación da lexislación pesqueira española e europea á realidade galega-, presentase unha proposición de lei na que reclama que o Goberno español lle transfira a Galiza todas as competencias en materia de Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación mariña.


Sen xuízo, sete anos despois

O xuízo que lles atribuirá as responsabilidades aos implicados na causa do Prestige segue sen iniciarse sete anos despois. Pedro Trepat, avogado da acusación particular da Plataforma Nunca Máis, afirmou que o atraso se debe a que "non houbo interese político en canalizar dentro duns parámetros temporais" o xuízo. "Outras causas moi complexas, como a do 11M, se instruíron rapidísimo", lembrou o letrado.

A xuíza titular do Xulgado de Instrución número un de Corcubión, concluíu o pasado mes de marzo o procedemento abreviado do caso. Con todo, a maxistrada exculpou entón da catástrofe o ex director xeneral de Mariña Mercante, José Luis López-Sors, que no seu momento decidiu que o buque fora afastado da costa -feito que aumentou o dano derivado do accidente e provocou que o barco, finalmente, rompera.

A Audiencia da Coruña revogou o pasado mes de outubro o auto da xuíza de Corcubión e decidiu volver inculpar na causa a José Luis López-Sors ao ver a decisión de afastar o barco como un "erro clamoroso" que derivou nunha "responsabilidade criminal con imprudencia grave".

Neste momento, o xulgado de Corcubión está á espera de abrir a fase de xuízo oral, na que as partes presentarán os seus escritos de clarificación. Posteriormente, o procedemento será elevado á Audiencia Provincial da Coruña e esta sinalará unha data definitiva para a vista oral e a apertura do xuízo.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), máis de 2.300 prexudicados pola marea negra do Prestige reclaman civilmente polos danos sufridos, mentres que outros 2.000 están na causa.


Menor produtividade das rías

Co gallo do sétimo aniversario da catástrofe, tamén a asociación ecoloxista Adega amosou a súa preocupación polos efectos crónicos da presenza de fuel na costa, xa que estes contaminantes "son acumulativos nos organismos vivos" e ao longo da cadea trófica recaen nos consumidores de peixes e mariscos.

A entidade subliñou a gran capacidade de recuperación do litoral, que provocou que se superase a fase aguda. Con todo, critica que "até agora practicamente non hai feitos estudos serios" sobre os efectos a longo prazo da contaminación do Prestige.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat