Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dimarts, 1 de de març del 2005 | 00:00
Crònica · Política

As estratexias electorais


Cando o catalán Joan Campmany se fixo cargo hai unha semana da campaña electoral do PSdeG-PSOE afirmou que os socialistas galegos non tiñan aínda unha estratexia, pero que gañarían as eleccións. Unha semana despois, semellan xa tela: o seu candidato Emilio Pérez Touriño preséntase como presidente. O mesmo discurso empregado hai catro anos. O mesmo tamén que o seu antecesor Abel Caballero hai Cando o catalán Joan Campmany se fixo cargo hai unha semana da campaña electoral do PSdeG-PSOE afirmou que os socialistas galegos non tiñan aínda unha estratexia, pero que gañarían as eleccións. Unha semana despois, semellan xa tela: o seu candidato Emilio Pérez Touriño preséntase como presidente. O mesmo discurso empregado hai catro anos. O mesmo tamén que o seu antecesor Abel Caballero hai oito. A única diferenza é que, até esta mesma semana, o candidato socialista falaba dun pacto co BNG. Que foi o que mudou? Que os socialistas xogan agora coa hipóteses de que o PP rache e a liña denominada autóctona poida pactar cos socialistas, prescindindo do BNG no goberno para así non ?hipotecar? outra comunidade histórica aos nacionalistas. ?Xa se ve o pesadiños que se poñen os de ERC en Catalunya?, afirman. O PP, pola súa banda, confioulle o traballo a Daniel Mercado. Pero Manuel Fraga marca o seu propio carreiro. Así, a súa primeira decisión foi a de desprenderse da herdanza que o goberno Aznar lle deixou da catástrofe do Prestige. Ao mesmo tempo que critica as actuacións do goberno central hai dous anos, respalda o conselleiro Xosé Cuíña ao que destituíu por presións de Madrid. Aznar pediulle por carta que rectificase, pero Fraga nunca atopou esa palabra no seu dicionario. Ao mesmo tempo arremete contra os nacionalistas, porque Fraga disfraza de alta política un obxectivo concreto: presentar o PP como o auténtico galeguismo fronte a un BNG dividido. E semella que Xosé Manuel Beiras lle está axudando porque reclamou publicamente para si o primeiro posto electoral do BNG pola Coruña, nunha especie de chantaxe na que identifica as súas ansias persoais coa ?pluralidade? dentro do Bloque.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat