O gran fracaso político de Manuel Fraga foi que para permanecer 16 anos como presidente da Xunta tivo que asumir e difundir como súa a ideoloxía galeguista que sempre atacou. Óllase moi ben nun dos 24 filmes de cinco minutos realizados por Burla Negra para analizar os seus anos de goberno. "Eu que multei o alcalde das Pontes por poñerlle unha rúa ao nome de Castelao en 1976, agora reparto medallas O gran fracaso político de Manuel Fraga foi que para permanecer 16 anos como presidente da Xunta tivo que asumir e difundir como súa a ideoloxía galeguista que sempre atacou. Óllase moi ben nun dos 24 filmes de cinco minutos realizados por Burla Negra para analizar os seus anos de goberno. "Eu que multei o alcalde das Pontes por poñerlle unha rúa ao nome de Castelao en 1976, agora reparto medallas Castelao a esgalla?... ?Eu que prohibín os libros de Blanco Amor, despois presidín o congreso na súa honra.... Memoria, maldita memoria?. Pero estes filmes e os seus autores só son ?morralla?, segundo as declaracións de Fraga. E despois daqueles eslogans de ?Galego coma ti? e ?Galicia, o único importante?, Fraga abraza nesta campaña electoral o discurso españolista de Mariano Raxoi e a táctica de José María Aznar. O PP e Fraga presentasen como o antídoto para evitar xa non o separatismo, senón un ?estado federal?, nunha campaña en total clave española onde chaman aos galegos a decidir entre Zapatero e Raxoi. E fano atacando, mesmo pedindo máis garantías para o voto por correo dos emigrantes, cando conseguiron deputados nas dúas anteriores eleccións grazas a estes sufraxios onde non só votaron os mortos, senón nos que algún vivo votou por máis de douscentos. Un voto do 10% do censo que nunca puxo os pés na Galiza. Estarán procurando a desculpa como no 14-M? O que está claro é que non van asumir a derrota que, hoxe por hoxe lle prognostican as enquisas.