Na confección das listas electorais que están a realizar os partidos galegos, BNG e PP sofren procesos inversos. Mentres os nacionalistas pecharon as súas listas non xa con renovación, senón cunha verdadeira revolución, os do PP agardarán até última hora. Se os nacionalistas decidiron renovar a todo o grupo parlamentario, agás os dous deputados máis novos, no PP as tensións son evidentes pola pre Na confección das listas electorais que están a realizar os partidos galegos, BNG e PP sofren procesos inversos. Mentres os nacionalistas pecharon as súas listas non xa con renovación, senón cunha verdadeira revolución, os do PP agardarán até última hora. Se os nacionalistas decidiron renovar a todo o grupo parlamentario, agás os dous deputados máis novos, no PP as tensións son evidentes pola presión de todos os conselleiros e directores xerais para estaren presentes nos postos de saída. Se o BNG aposta porque o grupo parlamentario sexan capaces de auxiliar o próximo goberno, no PP tratan todos de situarse para seguir en política se, como tamén pensan eles, perden a Xunta. Se o BNG deseñou unhas listas paritarias entre homes e mulleres, que se turnan en cremalleira, o PP non dá atopado acomodo para o sexo femenino. E PSOE? No PSOE están tratando de conciliar tamén os intereses dos distintos sectores. A loita está entre o peso que poidan acadar os que apostan por un entendemento leal co BNG como socios de goberno e os que pretenden utilizar os nacionalistas como mero instrumento para lograr o poder. De momento, vai gañando esta última liña, liderada por Francisco Vázquez, aínda que tanto José Luis Rodríguez Zapatero como Xosé Blanco se mostraron publicamente dispostos a un entendemento co BNG. O home forte do novo PSOE vai ser o ex concelleiro coruñés Xosé Luís Méndez Romeu, coordinador do programa. Deixará a Corte para ser conselleiro e portavoz parlamentario. Se as cousas fosen mal dadas para os socialistas, será o designado por Madrid para substituír a Pérez Touriño.