Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dimecres, 6 de d'abril del 2005 | 00:00
Crònica · Política

Un cataventos dirixindo o PSdeG-PSOE


No pasado mes de outubro Emilio Pérez Touriño, secretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato a presidente autonómico por este partido, facía as súas as ?Bases para a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia? que lle presentaba nun acto cívico-político a fundación socialista 'Iniciativas 21'. Nos principios fundamentais recoñecíase a Galicia como nación, afirmábase que a Constitución é a expresión No pasado mes de outubro Emilio Pérez Touriño, secretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato a presidente autonómico por este partido, facía as súas as ?Bases para a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia? que lle presentaba nun acto cívico-político a fundación socialista 'Iniciativas 21'. Nos principios fundamentais recoñecíase a Galicia como nación, afirmábase que a Constitución é a expresión xurídica dun pacto de convivencia democrática entre a pluralidade de comunidades que integran o Estado español e que o novo Estatuto terá o carácter ?irreversíbel?, sen que o Estado o poida revogar. Unhas bases, afirmaba Touriño, moi na liña que defendía Pasqual Maragall en Catalunya. O pasado sábado a mesma fundación entregabaxa todo o articulado do que debía ser o novo Estatuto. Sorprendentemente Pérez Touriño non se comprometeu a facelo seu, como fixera en outubro, senón que aproveitou o acto, no que case non se referiu ao novo Estatuto, para dar a coñecer as súas propostas electorais noutros ámbitos. Como xa afirmara semanas atrás no Club Siglo XXI de Madrid, rexeitou o termo Comunidade Nacional, para as hoxe denominadas ?Nacionalidades Históricas?. Como Pérez Touriño pasa por ser moi ben mandado coas directrices que lle veñen de Madrid, quer dicir que esta xa é a postura oficial do PSOE? Desertou Touriño do bando de Maragall? Terá influencia nos debates de Catalunya? dificil dar unha resposta por canto Pérez Touriño ten cada vez máis fama, merecida, de cataventos (penell).

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat