Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 7 de de juliol del 2005 | 00:00
Crònica · Política

Zapatero e o pacto galego


BNG e PSOE comezaron as conversas para chegaren a un pacto de goberno na Galiza. Acordaron realizar unha síntese de ambos os programas para presentarse ante a sociedade cunha proposta unitaria de goberno. Pero mentres o BNG aposta pola concreción do pacto, para que logo non haxa sorpresas e malos entendidos, os socialistas prefiren ter máis capacidade de manobra. O problema reside sobre todo en qu BNG e PSOE comezaron as conversas para chegaren a un pacto de goberno na Galiza. Acordaron realizar unha síntese de ambos os programas para presentarse ante a sociedade cunha proposta unitaria de goberno. Pero mentres o BNG aposta pola concreción do pacto, para que logo non haxa sorpresas e malos entendidos, os socialistas prefiren ter máis capacidade de manobra. O problema reside sobre todo en que os nacionalistas tentan implicar nese acordo o goberno central, ou, cando menos, que o PSdeG-PSOE asuma unhas certas reivindicacións fronte a Madrid. Entre outras cousas porque os acordos e o programa de goberno van depender moito da actitude da Moncloa. Sen financiamento dificilmente van poder levar a termo a rexeneración democrática (desmantelamento da rede caciquil e clientelar, impulso do parlamento como órgano da expresión do pobo galego...); política social (reducir o paro, frear a emigración, reforma sanitaria...); desenvolvemento económico (rematar as infraestruturas proxectadas antes do 2008, aumento do I+D+i...) e potenciación do autogoberno (reforma do Estatuto...). Estas son as prioridades pactadas. Para os nacionalistas un acordo co goberno central vai máis alá da vertente orzamentaria. Trátase de situar a Galiza ao mesmo nivel que Euskadi e Catalunya, onde os nacionalistas son interlocutores privilexiados dunha ou doutra maneira. De momento, José Luis Rodríguez Zapatero reaccionou ben ás demandas do BNG. Non só conseguiu que os sectores do PSOE máis contrarios ao pacto cos nacionalistas deixasen de enredar, senón que se presentou como garante dese acordo que pretende trasladar ao goberno central. Ao mesmo tempo, presentou o BNG como interlocutor, non caendo na tentación dalgúns dos seus compañeiros de pretender dar a imaxe dun goberno de socialistas cun ?engadido? nacionalista. A actitude de Zapatero élle atribuída por fontes socialistas á súa aposta por ?construír un novo Estado? no que as nacionalidades históricas terían un papel preponderante. Así, Galiza pasaría de ser ?outro problema? que engadir a Euskadi e Catalunya, a formar parte da solución na nova configuración estatal. Esta representaría a grande aposta de Zapatero para a actual lexislatura e o cambio dos socialistas que sempre preferiron ter a Fraga gobernando na Galiza para entupir as ansias nacionalistas. Por iso lle "regalaron" a presidencia da Xunta hai 16 anos.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat