Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 7 de d'octubre del 2005 | 00:00
Crònica · Política

O capital galego loita pola presidencia de Fenosa


Derrotadas as fileiras galegas pero non rendidas, a batalla continúa en Fenosa. Tanto a Xunta como o capital galego queren aproveitar a venta de accións do BSCH a ACS para conseguir máis peso no consello da eléctrica, para propiciar unha política que teña máis en conta os intereses galegos. Caixa Galicia, Caixa Nova e o Banco Pastor poderían contar con maioría no consello sempre que se puxese Derrotadas as fileiras galegas pero non rendidas, a batalla continúa en Fenosa. Tanto a Xunta como o capital galego queren aproveitar a venta de accións do BSCH a ACS para conseguir máis peso no consello da eléctrica, para propiciar unha política que teña máis en conta os intereses galegos. Caixa Galicia, Caixa Nova e o Banco Pastor poderían contar con maioría no consello sempre que se puxesen de acordo. Algo que non semella fácil. Florentino Pérez, presidente de ACS, veu entrevistarse co vicepresidente Anxo Quintana e co Conselleiro de Economía, Ramón Fernández. Nos próximos días farao co presidente Pérez Touriño. O grupo construtor ACS, propietario do 22,07% de Unión-Fenosa semella ter as cousas claras. Propoñerá a Pedro López Jiménez como novo presidente da empresa eléctrica. Así o dan por decidido todos os xornais madrileños, prévia filtración da empresa. ACS conta unicamente con catro conselleiros dun total de 20 que forman o órgano reitor da eléctrica. O capital galego, Caixa Galicia, Caixa Nova e Banco Pastor, posúen seis e un 18% do capital. A estes seis conselleiros, que terían as grandes corporacións galegas se xuntasen as súas forzas, poderían unirse outros cinco membros do consello, con vincallos cos estas entidades galegas. Co que sumarían 11 conselleiros, a maioría. Diversas fontes consultadas afirman que até o mesmo 13 de outubro, cando teña lugar a reunión do consello de Unión-Fenosa, non vai haber unha proposta en firme. Mentres tanto, sucéndese as negociacións informais e as tomas de contacto. Aínda así, poderíamos desvelar algunhas tendencias. En primeiro lugar a aposta de ACS por Pedro López Jiménez, ex presidente de Endesa na época de UCD e conselleiro de ACS. Por outra banda, a dificultade para que as tres entidades galegas se poñan de acordo nun nome para apoiar conxuntamente. O Banco Pastor e Caixa Nova poderían apostar polo actual conselleiro delegado de Fenosa e vicepresidente, o galego Honorato López Isla. Pola contra, Caixa Galicia trata de situar á fronte na eléctrica ao seu propio director xeral, Xosé Luís Méndez, xa integrante do consello. Pero si no sector galego non hai acordo, tampouco no sector madrileño. Se Florentino Pérez aposta por Pedro López, os seus socios principais en ACS, os Albertos, Cortina e Alcocer, e Carlos March, tentarán que sexa Fernández Tapias. Tapias cumpriría o requisito de ser ³galego². Pero, ao mesmo tempo, está moi relacionado con Florentino Pérez. A outra opción de Pedro López levaría a López Isla, outro ³galego², a vicepresidente e conselleiro delegado como até de agora, pero ampliando as súas funcións. Chegarán a apoiar tanto o banco Pastor como Caixa Nova a Xosé Luís Méndez? Todo semella indicar que unicamente o farían se Méndez pactase o abandono como director xeral de Caixa Galicia. No sector afírmase que a presidencia de Fenosa podería ser unha boa saída para Xosé Luís Méndez, cada vez máis cuestionado á forte da Caixa, tanto interna como externamente. Os resultados tampouco o acompañan. Tanto que esta entidade aínda non presentou os resultados da xestión dos primeiros seus meses do ano. O adianto que lle remitiu ao Banco de España non é moi beneficioso. Méndez contaría co apoio do presidente Pérez Touriño. Pero non se sabe cal pode ser o seu predicamento, posto que no capital galego non sentaron nada ben as súas declaracións considerado beneficiosa a mercada do 22% de Fenosa por parte de ACS. Valoración que, por outra banda, repetiu esta mesma semana o seu conselleiro de Economía Ramón Fernández. Postura que non concorda coa mantida pola BNG, en concreto co vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, un dos valedores da entrada en Fenosa do capital galego. Por outra parte aínda se recordan as declaracións de Touriño apostando pola fusión das caixas. Pero Florentino Pérez podería apoiar finalmente a Xosé Luís Méndez se fragua unha operación pola que Caixa Galicia entra no capital de ACS. Pero o cerne da cuestión non é que o presidente de Fenosa teña nacido na Galiza (como Fernández Tápias ou Honorato López Isla) senón que papel vai ter Galiza nos planos estratéxicos da empresa, o poder que vai ter dentro o capital galego, pero tamén cal será a súa aposta polo País.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat