A campaña electoral galega está mostrándonos moitas cousas de cara ao futuro nos tres principais partidos. No PP xa se albisca quen gañou na batalla entre boinas e birretes: Alberto Núñez Feixoo. O actual vicepresidente é o que substitúe a Manuel Fraga Iribarne en todos os debates senón que aparece nas entrevistas en todos os medios de comunicación na vez do candidato a presidente. Madrid, Mariano A campaña electoral galega está mostrándonos moitas cousas de cara ao futuro nos tres principais partidos. No PP xa se albisca quen gañou na batalla entre boinas e birretes: Alberto Núñez Feixoo. O actual vicepresidente é o que substitúe a Manuel Fraga Iribarne en todos os debates senón que aparece nas entrevistas en todos os medios de comunicación na vez do candidato a presidente. Madrid, Mariano Raxoi, gañou a primeira batalla pero, como nos comentaba un conselleiro ?se perdemos o partido racha o 19-X, se gañamos cando haxa que formar goberno?. No BNG, Anxo Quintana asentou o seu liderado interno moito máis que nos últimos dous anos, malia a pelexa de Xosé Manuel Beiras e os que se opuñan con el á renovación dentro do nacionalismo. Cunha campaña sólida e efectiva sorprendeu mesmo os seus máximos defensores. Moitos xa imaxinan o que será Quintana logo de catro anos no parlamento. A maioría do BNG aposta por el como presidente para o 2009, sexan cales sexan os resultados. Emilio Pérez Touriño recoñeceu publicamente que se non conseguía a presidencia da Xunta lle deixaría paso ?a xente nova?. A batalla entre os socialistas galegos está servida, aínda que consigan o goberno autónomo. Nunca puideron conxugar na práctica a liña denominada galeguista coa españolista representada por Francisco Vázquez, que até o de agora fixo fracasar todos os proxectos. Se Pérez Touriño dimite na noite electoral Madrid xa ten un tapado: o ex concelleiro coruñés Xosé Luís Méndez Romeu. Esta foi a condición para que deixase a dirección xeral en Madrid e aceptase ser candidato.