Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 10 de de març del 2005 | 00:00
Crònica · Política

O 4% galego


"En Galiza non hai corrupción nin eu o permitiría". Así contestou Fraga Iribarne cando o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, demandou un pacto
político que fixase os bos costumes administrativos. Certamente, Fraga Iribarne ten unha memoria selectiva, como demostra a súa explicación do seu paso polos gobernos franquistas: nega que tivese nad "En Galiza non hai corrupción nin eu o permitiría". Así contestou Fraga Iribarne cando o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, demandou un pacto
político que fixase os bos costumes administrativos. Certamente, Fraga Iribarne ten unha memoria selectiva, como demostra a súa explicación do seu paso polos gobernos franquistas: nega que tivese nada que ver coa represión e afirma que loitou toda a súa vida para traer a democracia. Non é froito da idade, foi sempre así. Pero xa desde antes de Matesa, tivo moito coidado de, subido sempre ao seu coche oficial, proxectar unha imaxe de político íntegro, inmune mesmo á corrupción intrínseca dun sistemaditatorial. Pero, para que ir tan lonxe. Un ex conselleiro do PP non só foi alcumado en sede parlamentaria como "Mister 4%", senón que, desde aquelas, Carreño Marivona tivo este alcume para os medios de comunicación. Tamén o ex vicepresidente Barreiro Rivas tivo que apartarse da política condenada a oito anos de inhabilitación pola concesión fraudulenta da lotaría autonómica. Esta denuncia foi a que lle permitiu a Fraga voltar a
Galiza logo do escándalo de Madrid de tres dos seus colaboradores máis directos: Naseiro, Palop e Sanchís. Libres da xustiza por financiamento ilegal do partido de Fraga porque as probas non foron obtidas de xeito regulamentario. Pero podiamos citar o caso de ducias de alcaldes condenados ou encausados
por corrupción. Desde Prado Villapol, alcalde do Vicedo, até Xosé Castro, dePonteareas, pasando por Isaac Vila de Xinzo. O último, esta mesma semana, o
presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Pero Fraga nunca renegou deles, apoiándoos até o final. Mesmo cando o conselleiro López Veiga denunciou en plena crise do PP que algúns dos seus compañeiros de gabinete se aproveitaron do cargo paraenriquecerse, Fraga ollou para outro lado, coma sempre, porque se el non a ve a corrupción non existe "e punto".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat