Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 15 de de juliol del 2005 | 00:00
Crònica · Política

Que separa a BNG e PSOE para formar goberno?


Emilio Pérez Touriño afirma que o 18 de xullo, día de infausta memoria, cando se constitúa o novo parlamento galego, xa haberá acordo entre socialistas e nacionalistas para formar goberno. O 24 de xullo, o día antes do Día da Patria Galega, daríase a coñecer oficialmente o programa pactado e a composición do novo Goberno. Os socialistas saben que, se non pactan antes do festa nacional de Galiza, l Emilio Pérez Touriño afirma que o 18 de xullo, día de infausta memoria, cando se constitúa o novo parlamento galego, xa haberá acordo entre socialistas e nacionalistas para formar goberno. O 24 de xullo, o día antes do Día da Patria Galega, daríase a coñecer oficialmente o programa pactado e a composición do novo Goberno. Os socialistas saben que, se non pactan antes do festa nacional de Galiza, logo o BNG non vai ter ningunha présa. Os nacionalistas tiñan deseñado para esta data unha forte campaña para reclamar un novo estatuto ?nacional? para Galiza. O adianto das eleccións e a formación do goberno impediu que a realizasen. Pero ese vai ser, aínda así, o tema central da celebración do BNG. Só que, na vez da reclamación, Anxo Quintana anunciaría que, desde o goberno, o BNG ía por en marcha ese Estatuto. precisamente a reforma estatutaria un dos puntos que separa a nacionalistas e socialistas na negociación. Pero só un matiz. O BNG quere que apareza como algo ?prioritario para o novo goberno?. Os socialistas din que ?non hai présa?. un xeito de marcar as diferenzas políticas entre ambos os partidos, pero, tamén o non ceder, por parte dos socialistas, para ter máis peso na negociación. O outro gran tema que separa a ambos os futuros socios é o da débeda histórica, que o BNG cuantifica en 21.000 millóns de euros. Os socialistas non queren recoñecer o termo, falan de ?déficit histórico?. No fondo está outra disputa semántica, de claro matiz político. Pero os socialistas o que menos queren é aceptaren cifras concretas para reivindicar ante Madrid, se Madrid non as acepta primeiro. Están agardando para que aproben o PEIT. Nos outros temas as negociacións van avanzando ?a un ritmo axeitado e con máis coincidencias das agardadas?, afirman fontes dos dous equipos negociadores. O previsíbel é que cheguen a un momento no que está case todo acordado e unicamente resta desatrancar eses ?conceptos?. Será daquela cando entren en xogo Pérez Touriño e Anxo Quintana e desfagan o nó a maior gloria dos líderes. A non ser que se atranque a propia formación do goberno (afirman que vai ser o máis fácil) que aínda non entraron a debater.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat