?Galiza é unha nación?. Este é o punto de saída para o desenvolvemento de todo o articulado das Bases para un novo Estatuto que un grupo de expertos vén de presentar a instancias do BNG como punto de partida para a reforma do Estatuto de Galiza. Tamén se recoñece o dereito de autodeterminación como
paso previo a un pacto que se asina co resto do Estado para conformar un m ?Galiza é unha nación?. Este é o punto de saída para o desenvolvemento de todo o articulado das Bases para un novo Estatuto que un grupo de expertos vén de presentar a instancias do BNG como punto de partida para a reforma do Estatuto de Galiza. Tamén se recoñece o dereito de autodeterminación como
paso previo a un pacto que se asina co resto do Estado para conformar un modelo plurinacional, sen renunciar a conseguir unha participación total nunha Europa dos pobos. No preámbulo fálase claramente dun poder galego, recoñecendo os dereitos e liberdades da cidadanía galega, independentemente dos dereitos recoñecidos pola Constitución española ou os que aparezan en tratados constitucionais. Existen outras dúas grandes propostas neste
proxecto de Estatuto: a cohesión do País tanto a nivel social como
territorial, coa desaparición das provincias, e un modelo de financiamento que camiña cara á responsabilidade fiscal, aínda que non se atreven, de momento, a daren o paso que pretende Catalunya. Unha base de partida para negociar en primeiro lugar co PSOE, pero tamén os alicerces nos que se debería de sustentar un pacto de goberno entre BNG e PSOE logo das eleccións autonómicas de outubro. Precisamente, a cohesión social e territorial e a responsabilidade fiscal no financiamento son as áreas onde nacionalistas e socialistas semellan hoxe máis afastados.