Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dimecres, 18 de de maig del 2005 | 00:00
Crònica · Política

O pacto BNG-PSOE


Por primeira vez na historia, os socialistas pronunciáronse publicamente a prol dun pacto co BNG para gobernar Galiza. Algo ao que se negaron en anteriores campañas electorais. Fíxoo primeiro José Luis Rodríguez Zapatero no debate do Estado, escenificándoo posteriormente ao aprobar resolucións conxuntas cos nacionalistas galegos. Corroborouno un día despois o candidato Emilio Pérez Touriño, c Por primeira vez na historia, os socialistas pronunciáronse publicamente a prol dun pacto co BNG para gobernar Galiza. Algo ao que se negaron en anteriores campañas electorais. Fíxoo primeiro José Luis Rodríguez Zapatero no debate do Estado, escenificándoo posteriormente ao aprobar resolucións conxuntas cos nacionalistas galegos. Corroborouno un día despois o candidato Emilio Pérez Touriño, como non podía ser menos. O nacionalista Anxo Quintana aceptaría ese diálogo para unha aposta conxunta para desbancar o PP. A visualización da alternativa conxunta era algo que lles demandaban a socialistas e nacionalistas xentes de ambas organización, pero, sobre todo, aqueles que están na ³fronteira². Máis de cen intelectuais viñan de dar a coñecer un manifesto neste senso. Afirman que só apostando polo entendemento entre ambas as organizacións se pode derrotar o PP. Pero non semella ser esa a razón que fixo mudar o PSOE, porque é a mesma que xa estaba presente nas dúas anteriores lexislaturas. Hai dúas razóns esenciais para o cambio. En primeiro lugar que os socialistas, ao contrario que nas anteriores consultas, pensan superar electoralmente ao BNG. Polo tanto, o futuro presidente sería Touriño. Ademais, os socialistas víronse na obriga de mudar a súa política a respecto dos nacionalistas ao necesitar de ERC tanto no Estado como en Catalunya. Abandonaron o pacto antinacionalista inspirado por Zapatero (pacto antiterrorista), que atou a súa política ao PP. Galiza preséntase, así o afirman tanto no PP coma no PSOE, como un dos eixos principais na confrontación electoral no Estado, por iso os socialistas apostan por vez primeira polo relevo de Fraga, ao que mantiveron 16 anos como comodín e parapeto para coutar os anceios das nacionalidades históricas.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat