"O BNG ten as portas abertas para todos, pero non agarda por ninguén".
Ese ninguén, por suposto, era Xosé Manuel Beiras, o dimisionario
presidente do Consello Nacional. Con estas palabras tentaba pasar páxina
o voceiro nacional da fronte nacionalista galega, Anxo Quintana, logo do Consello
Nacional, o m&a

Nacional, o máximo órgano entre asembleas. Nunha reunión
moi breve non entraron sequera na discusión sobre a dimisión do
histórico dirixente. Quintana fixo un chamamento a pechar fileiras e os
conselleiros decidiron "tomar nota da renuncia", ao tempo que
a "amentaban" e "respectaban". Tamén
lle pedían a Beiras que contribúa co seu traballo na organización
a "conseguir o cambio galego que o país necesita".
Ninguén
defendeu a Beiras, que esa mesma mañá aclarou moito as cousas nunha
longa entrevista en El País. Nela atacábase non só á
UPG, que propiciou o seu relevo como candidato á presidencia da Xunta,
senón tamén ao seu sucesor Anxo Quintana, e a toda a organización,
da que afirma "non sei a onde vai". Pero, se cadra, o mellor
é a explicación de por que a UPG decidiu propiciar o seu relevo
como candidato: "sabían que eu como presidente da Xunta non era
controlábel pola organización".