Francisco Vázquez quere españolear La Coruña como nome da cidade. O secretario xeral do PSdG-PSOE, Pérez Touriño, apoiouno publicamente. O mesmo fixo o ministro Jordi Sevilla no Congreso. Porque o PSOE ten esta actitude na Galiza negándolle o trato simbólico que lle da ao pobo catalán? A primeira intencionalidade consiste en ningunear e menosprezar o parlamento Galego, como institución capaz de s Francisco Vázquez quere españolear La Coruña como nome da cidade. O secretario xeral do PSdG-PSOE, Pérez Touriño, apoiouno publicamente. O mesmo fixo o ministro Jordi Sevilla no Congreso. Porque o PSOE ten esta actitude na Galiza negándolle o trato simbólico que lle da ao pobo catalán? A primeira intencionalidade consiste en ningunear e menosprezar o parlamento Galego, como institución capaz de simbolizar a vontade colectiva. A segunda é sentenciar a desfiguración do marco autonómico, na perspectiva de que futuros cambios que se poidan producir fiquen anulados ou privados de potencialidade e forza. A terceira intencionalidade excede a política: tratase de autonoxo. Todo o que ula ao país non é tolerado. Como partido, o PSOE ten na práctica a intención de que Galiza non exista con perfil propio, porque significa sacar do medio outro problema nacional que deron por resolto na Transición.