Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 23 de de juny del 2005 | 00:00
Crònica · Política

O cambio galego


Galiza votou cambio. O 52% dos galegos apoiou as opcións de socialistas e nacionalistas fronte ao 45% que apoiou as do PP. o reflexo dun clima social que xa viña de atrás. A novidade é que agora se traduciu tamén nun cambio político. Para que se consuma axeitadamente, o PSOE ten que manter o seu último escano de Pontevedra. Agora está desatada unha guerra de nervios: todo depende do voto dos Galiza votou cambio. O 52% dos galegos apoiou as opcións de socialistas e nacionalistas fronte ao 45% que apoiou as do PP. o reflexo dun clima social que xa viña de atrás. A novidade é que agora se traduciu tamén nun cambio político. Para que se consuma axeitadamente, o PSOE ten que manter o seu último escano de Pontevedra. Agora está desatada unha guerra de nervios: todo depende do voto dos emigrantes. O PP necesita o 65% dos votos da emigración en Pontevedra para non perder a maioría absoluta e impedirlles gobernar a nacionalistas e socialistas. Non sería imposíbel se os socialistas non estivesen no goberno central. O PP xa perdeu nas últimas eleccións ao Congreso na emigración galega. Estamos como en 1989. Daquela, o PSOE non reclamou unha acta de deputado por Ourense, permitíndolle a Fraga asentarse na Galiza. Felipe González e Alfonso Guerra non querían ter ?outro problema? nacionalista. Preferían que Manuel Fraga gardase esta autonomía histórica. Agora José Luis Rodríguez Zapatero está disposto a pactar cos nacionalistas galegos e incluílos na aposta por unha ?nova configuración do Estado?. O BNG tamén está disposto a pactar, pero deixando as cousas claras ante a sociedade. A súa teima é lograr a rexeneración democrática desde o Goberno, desfacendo as redes clientelares e caciquís, mesmo as modernas como as dos medios de comunicación que o leva atacando sen piedade desde hai anos. Outros eixes electorais foron a ?clave española? dunha campaña de desquite do 14-M e o ?momento? doce do PSOE a nivel de Estado. Son estes factores, semellantes aos doutras autonomías, nas que segue gobernando o partido que colleu o poder cando a súa fundación, o que explican a baixada nacionalista a 13 escanos. De repetir os seus mellores resultados en votos conseguiría 17, pero perderíaos o luns co voto dos emigrantes. Máis de 310.000 votos mostran que o BNG, logo de dous anos de disidencias internas e dun profundo cambio, comezou a recuperación, moito máis doada se forma parte do Goberno. Pero coas actuais estructuras sociais e as organizativas do BNG, aínda lle queda lonxe ser a alternativa aos partidos estatais.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat