Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dilluns, 23 de d'octubre del 2006 | 01:00
Crònica · Política

Desprezo do PSOE a lingua galega


Logo dunha guerra de anos, e non se sabe ben cantas resolucións xudiciais fallando que o nome único e oficial da capital herculina é A Coruña, ben nada menos que o Conselleiro da Presidencia e propón chegar a un pacto entre todos os partidos para esquecer todo e que non sexa La Coruña como defendeu sempre o goberno capitalino encabezado polo socialista Francisco Vázquez, hoxe embaixador do vaticano e cada vez máis próximo ao Opus, nin A Coruña, que a comisión de toponimia e a Lei de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento galego, consagran como o único válido e oficial. Méndez Romeu pretende converter unha teima do seu pequeno grupo de socialistas coruñeses nun “asunto de interese común”, no que se parapeta para realizar a proposta. Proposta que realiza cando xa non lles quedan máis vías aos do “La, la, la...” para recorrer. Nunca antes procuraron consenso, usaron La Coruña, logo La Coruña/A Coruña, segundo ían aparecendo os revés xudiciais e perdían os recursos que chegaron ao Supremo e no que gastaron máis de 600.000 euros. Dáse a circunstancia que o conselleiro Méndez Romeu, é o encargado de que se aplique a lei. Na vez de cumprir coa obriga do seu cargo, tenta non perder a guerra que comezou co seu amigo Francisco Vázquez. Unha guerra que eles solos comezaron e continuaron. Todo un exemplo de servidor público. A alguén se lle pode ocorrer non só desprezar unha lei, senón pedirlle aos outros partidos políticos que a aprobaron que non a cumpran?
Este feito da idea da estima que teñen moitos do PSOE polas linguas minorizadas, polo País e polas súas propias institucións ás que debería servir. O presidente Pérez Touriño, fala de que ampara a legalidade, non faltaría máis, pero tampouco contradí ao seu conselleiro. Non é mellor o papel da xustiza que, malia as distintas sentenza a prol de A Coruña como nome único, nunca as fixo cumprir. E iso que timos un fiscal do Tribunal Superior que, Carlos Varela, que vai de galeguista, e o fiscal xeral do Estado, Conde Pumpido que o foi. Terían a mesma actitude se non se tratase nunha sentencia a prol da lingua galega? Seguro que vostedes teñen xa a resposta. Así que aforro espazo e tempo.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat