Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 23 de de desembre del 2005 | 00:00
Crònica · Política

O PPdG sentenza o congreso un mes antes


O PP galego xa ten novo presidente, o que quería Fraga e Raxoi: Núñez Feixoo. Aínda falta case un mes para que se celebre o congreso pero todo está xa arranxado. Ou, polo menos, medio arranxado, que xa é dicir nas perspectivas que agoiraban ao PPdG. Xosé Manuel Barreiro aceptou retirar a súa candidatura a presidente integrándose na lis O PP galego xa ten novo presidente, o que quería Fraga e Raxoi: Núñez Feixoo. Aínda falta case un mes para que se celebre o congreso pero todo está xa arranxado. Ou, polo menos, medio arranxado, que xa é dicir nas perspectivas que agoiraban ao PPdG. Xosé Manuel Barreiro aceptou retirar a súa candidatura a presidente integrándose na lista de Núñez Feixoo, de vicepresidente e mantendo o control do seu feudo lugués. Ademais, será o voceiro parlamentario.
O pacto, unha vez máis, coma sempre na dereita galega, dáse nas cúpulas, logo dun proceso de primarias nos que se elixiu aos compromisarios que poden participar no congreso do 15 de xaneiro. Impuxéronse as cúpulas provinciais das catro provincias e decidiron que Feixoo seria o designado. Mesmo en Ourense, Xosé Luís Baltar decidiu apoialo cando o vetara nas últimas autonómicas para encabezar a candidatura
ourensán.
Pero así son as cousas no PP. Galeguistas, españolistas, os da boina e os do burrete, os Da Coruña e os de Ourense...de novo todos xuntos en compaña. O de amor é outra cousa. Aínda hai moito que repartir, pero moito menos do que precisan logo de perder a Xunta e o Goberno central. Os vellos que proceden do franquismo non se queren retirar e os novos, na procura de postos, empuxan forte en todos os eidos. “Hai que ter coidado con eles, aínda son máis de dereitas que os franquistas”, comentábanos un ex conselleiro do PP. A batalla, soterrada, vai seguir. O control no PP vano disputar desde os concellos ás provincias. Até de agora o PP galego era Fraga. Cando remate o proceso, finalmente saberase que é realmente o PPdG. Se Piqué ven do comunismo catalán, Feixoo foi simpatizante de Camilo Nogueira (Esquerda Galega).

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat