Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Dijous, 26 de de maig del 2005 | 00:00
Crònica · Política

Tremede cataláns!


Catalunya entrou a fondo na precampaña electoral galega do PP, por suposto. Até de agora viña sendo só un exemplo, malo, do que ocorrería no noroeste peninsular, se gobernasen nacionalistas e socialistas. Pero esta semana Fraga foi máis alá afirmando que Galiza pode quedar en ?mans duns tolos?. Quen son eses tolos? Tamén contesta Fraga coa súa proverbial continencia: ?os aliados dos que negan as b Catalunya entrou a fondo na precampaña electoral galega do PP, por suposto. Até de agora viña sendo só un exemplo, malo, do que ocorrería no noroeste peninsular, se gobernasen nacionalistas e socialistas. Pero esta semana Fraga foi máis alá afirmando que Galiza pode quedar en ?mans duns tolos?. Quen son eses tolos? Tamén contesta Fraga coa súa proverbial continencia: ?os aliados dos que negan as bandeiras ou fan burla dos símbolos da paixón de cristo?. O tolo maior, o demo con cornos, non podía ser outro, Carod-Rovira, substituto do vello Arzalluz na peana do Averno. Tamén o vicepresidente primeiro, Alberto Núñez Feixóo, ten unha lembranza dos cataláns en cada mitin, afirmando que os galegos ?queremos un presidente galego, non a Maragall de presidente e a Pérez Touriño (líder do PSdG-PSOE) de vicepresidente?. Porque segundo impuxo o PP de Madrid, na campaña hai que atacar con fereza aqueles que están a desfacer España. A súa España, e estes non son outros que os cataláns. Por iso o PP comeza na Galiza a ?reconquista?, palabras de Raxoi e Fraga. Tremede cataláns...

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat