O Goberno galego aínda non ten dous meses, pero anda moi medrado para o seu tempo e xa está a dar mostras do seu carácter se é que non se torce nos próximos catro anos: un goberno próximo aos cidadáns e que gusta de vivir de preto os seus problemas. Nestas características sobrancean máis as nacionalistas cas socialistas, como mesmo recoñecen os seus padriños do PSOE. Algo ten que ver a propia conf O Goberno galego aínda non ten dous meses, pero anda moi medrado para o seu tempo e xa está a dar mostras do seu carácter se é que non se torce nos próximos catro anos: un goberno próximo aos cidadáns e que gusta de vivir de preto os seus problemas. Nestas características sobrancean máis as nacionalistas cas socialistas, como mesmo recoñecen os seus padriños do PSOE. Algo ten que ver a propia conformación do goberno, na que o BNG apostou claramente por membros (desde conselleiros a delegados provinciais) cun claro perfil político-orgánico, mentres que o presidente Touriño primou nos seus nomeamentos as afinidades persoais, antes que as ideolóxicas ou partidarias. Tanto é así que a maioría dos altos cargos, entre os que recuncan algúns no mesmo posto que desempeñaron con Fraga, proveñen do PCE, de cando militaba neste partido o actual presidente, pero tiñan abandonado a militancia política nestes anos. Os nacionalistas semella que aprenderon a lección política que lles deron as eleccións en Lugo, logo de catro anos coaligados co PSOE. Todo o mundo gabou a súa labor, afanados en realizar unha inmellorábel xestión. O seu socio, o alcalde socialista López Orozco, acadou maioría absoluta e o BNG perdeu a metade dos seus concelleiros. BNG tamén teima para que a cidadanía visualice as ?dúas sensibilidades?existentes na Xunta. Esta labor foille encomendada moi especialmente ao grupo parlamentario. O seu voceiro, Carlos Aymerich afirma: ?nós apoiamos ao goberno galego, pero non ao goberno de Madrid?. neste campo onde o BNG marca máis as diferenzas, mostrándose reivindicativo e criticando a Rodríguez Zapatero. Os casos máis significativos foron o do financiamento sanitario ou o dos orzamentos estatais. Neste ámbito tamén Touriño lle axuda bastante ao BNG pois oficia máis de Delegado do Goberno central ca de presidente galego. Así, nos temas antes citados, Touriño xa deu por boa a política do goberno central cando unicamente está en fase de promesas. Mesmo, ante a política reivindicativa do BNG, que está a negociar directamente co PSOE e co Goberno do Estado, que pretenden lograr os eu apoio, Touriño saíu ciumento afirmando que os ?mellores orzamentos da historia? que el e Xosé Blanco anunciaron o domingo nunha festa, son froito das súas xestións e non do apoio que os socialistas reclaman do BNG. Polo demais, as relacións entre os dous partidos semellan ir mellor ca se pensaba. Non sen encontronazos, é certo, como a decisión unilateral do presidente de nomear a unha amiga súa, ex militante do PCE, Marisol López, como secretaria xeral de Política Lingüística. No pacto estaba que nesa área tomarían as decisións por consenso. Pero Touriño, ante a falta de acordo, levou ao Consello o nomeamento impoñendo a primeira votación do gabinete. Loxicamente, os socialistas gañaron. O outro tema que precisa consenso, os nomeamentos dos responsábeis dos medios de comunicación, tamén está empantanado por falta de acordo entre os socios. Uns e outros afirman que estes problemas son ?froito da idade?, que lles falta rodaxe. Pero aínda non comezaron a discutir a redacción do novo Estatuto de Autonomía, unha prioridade para o BNG. Fraga Iribarne xa comezou a pór pedras no camiño. Ameazou con non participar no proceso (o PP é imprescindíbel). Todo porque no pacto de goberno aparece a palabra ?rexión? referido a un territorio interno de Galiza. ?Rexións só poden ser as de España. Así está na Constitución?, quixo tronar a voz de Fraga e saíulle un laio, mentres no seu partido se acoitelan para ver quen se erixe no seu sucesor no congreso de xaneiro.Fraga, sempre tan seu, demándalle aos dirixentes partidarios que ?se manteñan neutrais? na liorta.