Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 28 de d'octubre del 2005 | 00:00
Crònica · Política

Fraga atragántase coa palabra nación


“Eu coa palabra nación non me vou atragantar”, afirmou Fraga Iribarne, para ameazar unha vez máis, como voceiro parlamentario do PP, que o seu partido
non debaterá a reforma do Estatuto de Autonomía de Galiza se non se lle garante, “absolutamente”  e de xeito previo que a reforma non incluirá o
termino “nación&r “Eu coa palabra nación non me vou atragantar”, afirmou Fraga Iribarne, para ameazar unha vez máis, como voceiro parlamentario do PP, que o seu partido
non debaterá a reforma do Estatuto de Autonomía de Galiza se non se lle garante, “absolutamente”  e de xeito previo que a reforma non incluirá o
termino “nación”. Fraga, considera que “sentar nunha mesa para discutir o inconcibíbel (refírese a nación) é facer o paripé”.
Pouco importa que sexa unha ponencia parlamentaria a encargada de redactar o enteproxecto de Estatuto e que esta aínda non se constituíse. Fraga reitera
que é “absolutamente esencial para o PP, para que poda decidir participar na ponencia ou non, saber antes con certeza se vai figurar a palabra nación ou
non”. Por que esa palabra aparece nas bases dos dous anteproxetos presentados até de agora, o dos nacionalistas e o dos socialistas. Tamén aparece no acordo de goberno asinado por ambos partidos. Poderíase pensar que Fraga utiliza a táctica de bloquear, na práctica, a reforma estatutaria, para que entren en contradición os dous socios de goberno, sobre todo cando no PSOE hai algúns destacados militantes, como o alcalde coruñés Francisco Vázquez, que pensa coma o ministro franquista.
É o propio ex presidente da Xunta quen aclara que non é xa unha cuestión política, senón fisiolóxica: “atragántase” coa palabra nación, sempre que
esta non vaia enfeitada coa palabra española (“única e indivisíbel, Arriva España”, bradou en moitas ocasións).
O problema de Fraga é que só lle queda até xaneiro.Celebrado o congreso para elixir sucesor, mandarano a Madrid para que, co soldo de senador autonómico,
viva ben e non de máis a lata. Por que os tres candidatos que anunciaron que optan ao posto de Fraga,
mostraron a súa disposición ao dialogo cos outros partidos para a reforma do Estatuto. Unha participación sen  pexas previas. Dous deles, Xosé Manuel
Barreiro e Cuíña Crespo inciden no seu programa ante os militantes en que o PP na Galiza ten que ser un partido “galeguista” e autónomo de Madrid.
Por iso Agel Acebes, coa axuda da prensa de Madrid, puxo a andar unha campaña contra Cuíña (que significa o mesmo que pujol en catalán), afirmando
que está a montar outro partido “galeguista” por se non gaña as elección internas. Fraga tamén se apurou agora a descualificar ao que presentou moitos anos como o seu sucesor. Daquelas Cuíña falaba ante Fraga e Aznar no monte Faro de que o PPdG ³estaba na fronteira da autodeterminación², citaba a Castelao
e falaba de Galiza nación. Fraga tragaba. Agora atragántase.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat