Desmantelado democraticamente o reduto clientelar do voto emigrante, a dereita pasa á oposición na Galiza, mentres nacionalistas e socialistas se laian de non poder celebrar unha festa ao xeito o 19-X para despedir a Manuel Fraga. Queda agora por saber se seguirán adiante cos recursos electorais, aínda que non poidan xa mudar os resultados, para comezar co desgaste do goberno xa antes de formalo. Desmantelado democraticamente o reduto clientelar do voto emigrante, a dereita pasa á oposición na Galiza, mentres nacionalistas e socialistas se laian de non poder celebrar unha festa ao xeito o 19-X para despedir a Manuel Fraga. Queda agora por saber se seguirán adiante cos recursos electorais, aínda que non poidan xa mudar os resultados, para comezar co desgaste do goberno xa antes de formalo. Esa é a táctica que utilizaron contra José Luis Rodríguez Zapatero e que a Eduardo Zaplana e Ángel Acebes lles gustaría pór en marcha na Galiza. Unha parte do PP galego non está polo labor, comezando así as disputas que os vai levar a un congreso extraordinario no mes de outubro. Nel non só se decidirá o sucesor de Fraga, senón a liña política do PPdeG. Un Fraga que quere seguir pilotando o partido e preparando a sucesión pero ao que todos queren xubilar canto antes, tanto os de Madrid como os autóctonos. Até daquela non haberá ruptura na dereita galega. Mentres tanto, nacionalistas e socialistas comezan as conversas, informais, para compoñer o novo Goberno. Aínda hai poucas cousas claras. A primeira e máis importante, a decisión de chegar a pactos sólidos e estábeis. A segunda, que o ?cambio? vai ter un perfil baixo en declaracións políticas (o BNG obrará de maneira diferente a ERC) pero si substanciais no desmantelamento das inercias sociais e redes clientelares da dereita galega, no poder desde 1936. A ?rexeneración democrática? será un dos principios básicos. O demais terano que ir pactando pouco a pouco. Os nacionalistas non teñen apuro e pretenden amarrar un acordo que deixe soltos os menos cabos posíbeis. A súa aposta é decidida por un co-goberno e pretenden que se visualice tanto na súa formación como na política diaria das súas consellarías. O PSOE vai intentar que sexa o ?seu? goberno, coa engádega dos nacionalistas. Os medios próximos xa o denominan, unicamente, ?goberno socialista?. Será a primeira batalla das negociacións, pero tamén a máis cruenta de toda a lexislatura. Sobre todo lembrando a experiencia dos gobernos municipais de coalición con alcaldes socialistas, nos que os nacionalistas perderon a maior parte do seu perfil ideolóxico.