Indica publicitat
Dimarts, 14 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 29 de de setembre del 2006 | 18:27
Crònica · Política

As división no BNG ante a próxima Asemblea Nacional


“Pode unha asemblea de militantes decidir o futuro dun goberno como lle pasou a ERC?”. Non era esta unha pregunta retórica que me facía un importante dirixente do BNG, senón unha preocupación que vai estar presente na próxima Asemblea Nacional a celebrar os días 2 e 3 de decembro. A primeira que ten lugar estando os nacionalistas no goberno galego. Unha asemblea universal, á que podan asistir todos os militantes, ven a ser como unha “lotería” en épocas de cambio, sosteñen certas correntes nacionalistas. Por iso a primeira batalla interna que se deu ao comezar a camiñar o proceso asembleario foi o de definir se a próxima asemblea se celebraría por delegados. Opción que choca conta a tradicións asemblearista do frentismo galego, aínda que xa os estatus do BNG recollan a modalidade dos delegados para participar no plenario da Asemblea Nacional, e a Asemblea Nacional Popular Galega, o seu antecedente, a usase nos seus dous últimos plenarios. Detrás desta discusión tamén aparece o debate sobre a continuidade do BNG coma unha fronte ou a necesidade que adapte a súa organización máis a un partido tradicional. Uns afirman que esta fórmula de éxito é a máis adaptada á realidade galega, como o proban os resultados. Outros consideran que, na actual etapa política, é mellor unha estrutura máis áxil. Consideran que, logo de 25 anos, moitos dos oito partidos e grupos que integran o BNG, na súa maioría teñen unha presenza testemuñal na sociedade, pero un grande poder interno, xa que lles corresponde representación no Consello Nacional. Pola contra, os non afiliados a partidos representan máis do 80% da militancia. Hai quen afirma que a fórmula de delegados permitiría saber a forza coa que conta cada quen, mesmo para poder pactar na Asemblea a dirección, tanto o Consello Nacional como a Executiva. A proposta da celebración por delegados saíu derrotada no Consello Nacional. Foi presentada polo voceiro nacional e vicepresidente Anxo Quintana (independente). A UPG, partido hexemónico, estaba a prol desta fórmula, pero decidiu votar en contra en vista da división interna, propoñendo que sexa a próxima asemblea a que elixa a maneira de celebración das seguintes. Pero detrás desta votación existe tamén un intento de definir posicións cara o próximo conclave nacionalista. Anxo Quintana, que substituíu a Xosé Manuel Beiras apoiado pola UPG, quere sacudirse, dalgún xeito, desta tutela. Tamén afloran as correntes críticas. Por un lado a Alternativa que, liderada por Camilo Nogueira, quen fora secretario xeral de Unidade Galega (sempre rexeitou o frentismo), co apoio de Esquerda Nacionalista e de algúns independentes. Polo outro o Movemento pola Base, escindido da UPG pola esquerda, con importante predicamento do sindicato CIG. Tratando de artellar un discurso propio, militantes descontentos que pretenden enarborar a bandeira de Beiras e recuperar o poder interno perdido. Pero a incógnita é como se vai recompoñer o polo central do poder que representaría a UPG e a corrente que hoxe se agrupo ao carón do voceiro nacional Anxo Quintana que conforman basicamente a actual dirección. Existe unha loita polo poder interno, como en cada Asemblea, pero tamén unha discusión do papel do BNG no goberno e na sociedade; de como conseguir un Estatuto de Nación e dos límites para poder apoialo; das relacións co goberno central e cos outros nacionalismos periféricos... Adaptar unha organización nacida na oposición ao goberno non é fácil.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat