moito máis fácil predicar a renovación que facela. Se non que llo pregunten ao BNG. Despois de aprobar un cambio de xeración no liderado político en dúas asembleas, cando chega a hora de confeccionar as listas para as eleccións autonómicas aparecen os problemas. A Executiva nacionalista designou a Anxo Quintana (candidato a presidente) como cabeceira de lista pola Coruña, seguido de Ánxela Bu moito máis fácil predicar a renovación que facela. Se non que llo pregunten ao BNG. Despois de aprobar un cambio de xeración no liderado político en dúas asembleas, cando chega a hora de confeccionar as listas para as eleccións autonómicas aparecen os problemas. A Executiva nacionalista designou a Anxo Quintana (candidato a presidente) como cabeceira de lista pola Coruña, seguido de Ánxela Bugallo. Carme Adán por Pontevedra; Fernando Blanco por Lugo e Iago Tabarés por Ourense. Ningún deles era deputado e todos son menores de 50 anos. O anterior candidato, Xosé Manuel Beiras, ao que lle ofrecen o segundo posto por Pontevedra ou o terceiro pola Coruña, non está de acordo, presentando un voto particular para que as asembleas locais decidan sobre a súa pretensión de ancabezar a candidatura en calquera destas dúas provincias. Beiras négase a perder protagonismo político usando, ao mesmo tempo, o seu peso interno para impedir que algúns dos seus achegados queden desprazados na confección das listas. Con esta táctica, Beiras non só está cuestionando implicitamente a renovación impulsada por Quintana co aval da UPG, partido maioritario, senón tamén, por derivación, o liderado interno e social do candidato nacionalista a presidente da Xunta.