Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 3 de de juliol del 2009 | 14:08
Crònica · Galiza

Feixóo pon á venda os coches oficiais comprados por Fraga

O presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feixóo, puxo á venda 23 vehículos de gama alta -o 90 por cento destes comprados polo PPdeG- pagados por todos os galegos e galegas. Trátase dun dos puntos que centrou a campaña electoral do PP, que acusou o entón presidente do Executivo, Emilio Pérez Touriño, de "malgastar"

os cartos da cidadanía ao mercar un Audi A8 blindado que os populares cifraron en 480.000 euros e que agora venderán por 200.000. Dous días despois de gañar as eleccións, Feixóo anunciaba que vendería o A8 empregado por Touriño.

O presidente da Xunta explicoulle á sociedade que a posta en venda destes vehículos -tres deles serán permutados por 12 coches "para fins sociais"- se enmarca na súa campaña de "austeridade". O que Feixóo lles obviou aos galegos e galegas é que o A8 de Touriño é idéntico a dous adquiridos pola Xunta baixo a presidencia de Manuel Fraga.

O propio Feixóo dispuña de dous en vehículos da marca alemá a costa do diñeiro dos contribuíntes cando era o vicepresidente da Xunta, segundo denunciou o PsdeG. A portavoz e secretaria de coordinación, acción electoral e política municipal do PSdeG, Mar Barcón, acusou o presidente galego de "malvender" o patrimonio público coa súa decisión de poxar 32 coches marca Audi do parque móbil da Xunta para "xustificar a súa campaña electoral" e por unha "malentendida austeridade".

Os socialistas lembran que dos 32 vehículos Audis que integran arestora o parque móbil da Xunta, 29 foron comprados durante o mandato de Manuel Fraga e 19 Feixóo como alto cargo no seu Executivo. Ademais, dos 29 Audis, dous foron comprados en xullo do 2005, tras a derrota electoral do PP e namentres Fraga exercía como presidente en funcións. Pola súa banda, o portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich subliñou que os vehículos van ser poxados polos "mesmos que os compraron".

Cómpre lembrar que ademais, desde o 2006, ano no que foi nomeado presidente do PPdeG, Feixóo dispón dun Peugeot 607 de balde a cargo da fábrica viguesa de PSA Peugeot Citroën. Fontes do partido comparon entón este préstamo co "doutras institucións", pero nin o BNG nin o PsdeG gozaron de tal cortesía.

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat