A desfeita do Prestige levantou unha marea política de cor roxa de revoltallo. O diálogo institucional que viñan mantendo Beiras e Fraga non rachou mália as duras críticas dos nacionalistas e as peticións de dimisión ao presidente. O nacionalismo recupera a iniciativa política en todos os frentes, despois de seis meses de debates internos, e o PSOE non sabe como contrarrestalo. Na súa visita a Gal A desfeita do Prestige levantou unha marea política de cor roxa de revoltallo. O diálogo institucional que viñan mantendo Beiras e Fraga non rachou mália as duras críticas dos nacionalistas e as peticións de dimisión ao presidente. O nacionalismo recupera a iniciativa política en todos os frentes, despois de seis meses de debates internos, e o PSOE non sabe como contrarrestalo. Na súa visita a Galiza, Rodríguez Zapatero afirmaba que "primeiro hai que pedir explicación e logo esixir resposnabilidades". Sorprendentemente, dous días despois, en domingo, os socialistas anunciaban unha moción de censura a Fraga. O Parlamento estaba pechado e unha semana despois aínda non se sabe cando irán ao rexisto. ¿Irán? ¿Porque non a presentan en Madrid se o Goberno central asumiu todas as competencías no desastre?