Indica publicitat
Dimecres, 8 de de juny del 2022
CASTELLANO  |  ENGLISH  |  GALEGO  |  FRANÇAIS
tribuna.cat en format PDF
Cerca
Divendres, 5 de de juny del 2009 | 13:26
Crònica · Galiza

Feixóo pregúntalle aos pais dos estudantes polo galego

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá o inquérito, sen garantías mínimas de fiabilidade, co que o PPdeG tentará derrogar o decreto que regula o uso e promoción do galego no ensino.



A partir da vindeira semana, 330.000 familias recibirán un cuestionario no que os pais e as nais poderán elixir que idioma prefiren para que se lles impartan as clases aos seus fillos e fillas. Farano nunha escala de "todas en galego, a maioría en galego, unhas en galego, outras en castelán; a maioría en castelán e todas en castelán". Os pais e nais tamén poderán responder se están a favor ou non de que se dean materias en inglés.

O método está repleto de interrogantes que o conselleiro de Educación rexeitou aclarar. E é que na rolda de prensa se negou a contestar a meirande parte das preguntas dos xornalistas. Vázquez gardou silencio mesmo cando se lle cuestionou sobre como responderían os pais e nais invidentes ou sobre o nivel mínimo de participación.

Ao ser anónimos e voluntarios, o mesmo alumnado podería ser quen completase as enquisas e quen llas entregase ao profesorado sen pasar polas mans das familias. Por outra banda, a responsabilidade de gardar e recoller as respostas será dos directivos do centro. Outro dos aspectos que cuestiona a fiabilidade da sondaxe é que será a propia Consellaría de Educación, sen ningún organismo de control externo, quen faga o reconto dos datos. Este é o "punto de partida" para o consenso e contra a "conflitividade" suscitada polo bipartito do PSdeG e do BNG, en palabras do responsábel da Xunta. O PPdeG, como xa recollía no seu programa electoral, insiste en derrogar o decreto vixente, que apoian boa parte das asociacións de pais e nais e os sindicatos.


Baltar e o uso do coche oficial con fins privados

A presentación da enquisa aos pais e nais coincide nunha semana convulsa para o Goberno de Alberte Núñez Feixóo. Primeiro, coñeceuse que o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, emprega o vehículo oficial para ir aos mitins electorais e para trasladar os seus netos desde o colexio á casa. O BNG apuntou que, tras os ataques do PP polo uso do avión por parte do presidente José Luis Rodríguez Zapatero, "o lóxico era esperar que ningún líder do PP acudise a actos electorais en medios de transporte que paguemos todos". Segundo o BNG, o sábado día 30 de maio o presidente da deputación acudiu a un acto electoral no municipio de Porqueira co coche oficial, "que non é un Citröen, senón un Audi", e co chofer "que lle pagamos todos".

O senador revelou que Baltar tamén utiliza os medios oficiais "para ir a un céntrico colexio da cidade a recoller os seus netos". O dirixente popular xustificou que o escolta recolla os seus netos no colexio porque "o fai voluntariamente" e argumentou que "outra cousa sería que o obrigase a facer ese servizo". Baltar subliñou que a súa escolta "non ten horario", porque "son as 24 horas do día ao servizo" da súa seguridade e da súa "familia". Así, explicou tamén que dende as pasadas eleccións autonómicas do 1 de marzo "se reforzou a seguridade" do presidente da Deputación de Ourense e da súa familia. Pola outra banda, o grupo do PSdeG na institución informou de que solicitará a apertura dunha comisión de investigación sobre a contratación de 74 persoas "que formaron parte das listas do PP nas eleccións municipais do 2007" no ente provincial e responsabilizou dos feitos a Baltar.


Retirada dun programa da TVG

A polémica do PPdeG transcendeu o partido e chegou até a TVG. A Dirección da CRTVG, recentemente nomeada por Feixóo, decidiu o pasado martes retirar da grella un documental sobre as vacas tolas, crise xestionada polo Goberno de Manuel Fraga. O líder popular asegurou que "un sindicato agrario" pedira que non se emitira. O certo é que Xóvenes Agricultores, o colectivo do rural próximo ao PP, desmentiu oficialmente que realizara tal petición, malia que segundo o seu representante, Francisco Bello, si aplaudiu a decisión a posteriori. Ademais, Feixóo xustificou a retirada por mor da "crise" que viven os gandeiros, o mesmo argumento empregado pola dirección da TVG nunha nota de prensa. A oposición non tardou en reaccionar ante o que cualifican de "censura". Para a deputada do BNG Ana Pontón, tratouse dunha "decisión claramente política de censura informativa" e lamentou que Feixóo "recupere as prácticas que se daban con frecuencia no ente público durante as etapas de maiorías absolutas do PP". O deputado socialista Xosé Luís Méndez Romeu concluíu que a retirada deste documental do programa "evidencia que chegou a censura e a manipulación ao ente público".

Versió PDF Imprimeix
Col·labora amb Tribuna.cat
Si vols fer una aportació econòmica, emplena les següents dades, escull la quantitat econòmica que vols aportar i el mètode de pagament que prefereixis. Estem molt agraïts per la teva col·laboració.
COL·LABORA-HI
Indica publicitat